Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa

Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa

Contacto

Manuel Ferreiro
Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Rúa Lisboa 7
15008 A Coruña
manuel.ferreiro@udc.gal
Tlf.: 881 011 728

Para comentarios e suxestións sobre o Glosario, prema aquí

Versión 2 (maio 2017)

ISSN 2386-8309

O Glosario da poesía medieval galego-portuguesa (GLOSSA) constitúe o primeiro repertorio lexical dicionarizado, contextualizado e exhaustivo do corpus da lírica profana galego-portuguesa: cantigas de amor, cantigas de amigo e mais cantigas de escarnho e de maldizer, para alén dalgúns textos doutros xéneros con menor representación. GLOSSA nace no seo do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria (ILLA) da Universidade da Coruña, baixo a dirección de Manuel Ferreiro como Investigador Principal e coa colaboración doutros membros de ILLA, cales Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei, Xoán López Viñas, Leticia Eirín García e Estefanía Mosquera Castro, e mais de Bieito Arias Freixedo da Universidade de Vigo

Este Glosario foi realizado ao abeiro dos proxectos de investigación Glosario crítico da poesía medieval galego-portuguesa. I. Cantigas de amor e cantigas de amigo (ref. FFI2009-08917) e Glosario crítico da poesía medieval galego-portuguesa. II. Cantigas de escarnho e maldizer (ref. FFI2012-32801), financiados polo Ministerio de Ciencia y Tecnología e polo Ministerio de Economía y Competitividad, sucesivamente, durante o período de 2010 a 2015.

O Glosario fica aínda aberto neste enderezo por un breve tempo, pois xa foi incorporado ao Universo Cantigas (http://universocantigas.gal), onde xa está a funcionar vinculado directamente aos textos da lírica profana galego-portuguesa.

Forma de citación

Ferreiro, Manuel (dir.) (2014-): Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://glossa.gal>, ISSN 2386-8309 [data da última revisión: dd/mm/aaaa].