Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa

Guía de uso

  1. Observacións xerais
    • O glosario recolle todo o léxico galego-portugués das cantigas trobadorescas profanas (nº de cantiga + nº de verso), ordenadas polo sistema referencial de Jean-Marie D’Heur actualizado (accesíbel aquí: Tabela das Cantigas).
    • As normas de edición do texto das cantigas, revisado criticamente, seguen as consensuadas e aprobadas en 2007 para a poesía trobadoresca galego-portuguesa (accesíbeis aquí: Normas de Edición).
  2. Estrutura do Glosario
    • As voces, agrupadas do A ao Z, presentan unha ordenación alfabética.
    • Unha vez que se preme nunha determinada letra ábrese unha nova páxina que contén catro elementos:
      • Na marxe superior, unha barra –sempre activa– que permite consultar o léxico de todas as letras, sen necesidade de retroceder no navegador.

      • Na marxe esquerda, unha columna coas voces que contén cada letra, cun filtro que axiliza a procura de vocábulos.

      • Na marxe superior dereita, un buscador que permite realizar procuras en todo o glosario: número de cantigas ou versos, voces –co asterisco como carácter polivalente (*) en calquera posición– e, entre aspas ("..."), frases ou secuencias nas definicións ou nos exemplos. O despregábel situado na marxe dereita ofrece a posibilidade de utilizar caracteres especiais e signos diacríticos nas procuras.

      • Na parte central, a voz seleccionada con agrupación de variantes e con todas as ocorrencias, cun cadro superior que permite ir directamente á tabela dos bloques organizadores para acceder á súa localización no interior da entrada lexical. Cando se clica no número da cantiga que precede cada ocorrencia dunha voz, aparece a ficha da composición (nº D'Heur / Tavani + autor + incipit + manuscritos).
      • O triángulo indica variante, o cuadrado marca as diferentes formas de xénero nas voces pronominais (e no artigo) e, finalmente, o círculo indica agrupación de formas e/ou contextos cando cómpre. 

  3. Presentación dos resultados
    • O léxico dos refráns só é recollido na súa primeira aparición en cada cantiga, sempre con letra itálica na exemplificación.
    • Utilízase o subíndice para distinguir palabras homógrafas e para diferenciar aqueloutras que presentan funcións ou categorías gramaticais diferentes.
    • O asterisco (*) precedendo unha voz indica que é forma especialmente dubidosa por razóns ecdótico-editoriais.
    • Os substantivos femininos e masculinos teñen entrada independente, fronte aos adxectivos, que presentan as formas masculina e feminina na mesma entrada.

    • Os complexos toponímicos e antroponímicos (por exemplo, San Salvador de ValongoJoan Garcia de Guilhade) son dicionarizados polo primeiro elemento (SanJoan), con remisión sistemática das restantes compoñentes.

    • Na marxe dereita da pantalla ofrécese a posibilidade de visualizar verticalmente os contextos de cada voz e/ou acepción para maior facilidade na localización das cantigas, xunto coa posibilidade de realizar unha impresión maquetada de cada voz.

    • As abreviaturas utilizadas na confección do Glosario son as convencionais (accesíbeis aquí: Abreviaturas).