Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do D
demo s. m. 'demo'
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
326.19 ca demo m’e[n] cabo prender / fui, de pran, u a fui veer||383.12 ũu que maa morte prenda / e o demo cedo tome / quis-la chamar per seu nome||439.5 ao demo comend’Amor / e min se d’amar ei sabor!||484.29 E ao demo vou acomendar / prez deste mundo e armas e lidar||485.2 Pero da Ponte, paro-vos sinal / per ante o demo do fogo infernal||485.16 pois que o del e do dem’aprendestes||491.26 se molher acha que o demo ten, / assi a fode per arte e per sén||491.28 assi a fode per arte e per sén / que saca dela o demo malvaz||578.7 ca demo lev’essa ren que eu der / por enfinta fazer o mentiral / de min||826.31 demo x’é quen non diz leli, / edoi lelia doura!||901.25 A dem’acomend’eu Amor||918.10 E, se el-rei fos[s]e ben conselhado, / maestr’Acenço, daquestes dinheiros / que lh’o demo leva nos cavaleiros, / parti-los-ia vosco, per meu grado||1344.15 ao demo encomendo / que o aja en sa comenda||1373.24 demo lho deu, / pois que lhi prol non ten||1404.1 O demo m’ouvera oj’a levar / a ũa porta d’un cavaleiro / por saber novas||1427.13 Deu-mi o demo esta pissuça cativa, / que ja non pode sol cospir a saiva||1442.11 ca nunca te vimos fazer cantar / que ch’eu queira nen no demo dizer||1481.3 mais a Nostro Senhor rogo / que, a tal, demo o tome, / per que tolhan o nome||1504.8 e, se non, dou-m’ao demo por vassalo||1519.21 e o demo o fez falar||1523.7 pormeteu, ..., / que tevess’un clerig’a seu poder / polos pecados que lhi faz fazer / o demo||1523.14 e, ..., diz que quer teer / un clerigo con que se defender / possa do demo||1523.28 ouv’i a perder / o demo des que s’ela confessou||1532.24 devia-m’a matar / ant’ou seer ao dem’encomendado||1552.21 ca demo lev’a prol que xi lh’én ata||1561.15 mais avia-lhas o dem’a levar, / pois se per [a]tal cajon perderon||1621.14 Ai demo, a ti dou eu estas mesuras!||1656.16 e dá-lh’o demo terra e poder||1662.13 que demo vo-lo deu / por vós assi entenderdes trobar?||1669.5 e, Tisso Perez, que demo mi-o deu / por sempre migo querer trebelhar?||1669.11 demo o fezo tan trebelhador / por sempre migo querer trebelhar!||1669.17 e Tisso Perez demo mi-o mostrou / por sempre migo querer trebelhar

demo maior 'Satanás'
1457.6 tenhades vós, comendador, / comenda do demo maior||1519.20 ca ela fez Nostro Senhor / e el fez o demo maior / e o demo o fez falar||1523.24 ouve grand’amor / antr’ela sempr’[e] o demo maior / atá que se Balteira confessou||1546.6 a que filh’o demo maior / quantas cousas que suas son

det. + demo de + det. + subst. construción nominal enfática 'demoníaco, malvado'
383.25 do demo d’ũa meninha||478.10 come d’un bõo galeon / que mi alongue muit’aginha / deste demo da campinha / u os alacrães son||901.5 ca o dem’agora d’Amor / me fez filhar outra senhor
(o) demo leve + CD!
Esta expresión, de carácter enfático e coloquial, é utilizada para lle tirar importancia ao expresado polo complemento directo
175.31 demo xo lev’o que lh’al nembrará!||768.6 Demo lev’o conselho que á de sí!||1609.20 demo lev’a guar[i]da que lh’eu sei, / ergo se guarir per alcaiotar||1659.6 demo lev’o torto que faz / a gran puta desse foder
502.5 o demo lev’a ren que lh’eu falei / de quanto lh’ante cuidar’a dizer!||1250.18 o demo lev’o poder que end’ei||1432.18 [o] demo lev’esso que teu criia||1509.24 mais lev’o demo quant’én tragia!||1517.14 O demo lev’o que m’én dá!||1569.14 O demo lev’o que vós i perdedes!||1652.17 o demo lev’o que lhi val / sa requeza
que dem’avedes 'que vos acontece? (despect.)'. Cf. que avedes?
824.16 por Deus, e que dem’avedes?
que demo ... construción nominal enfática 'que demo ...'
Esta expresión, pleonástica, tamén de forte carga coloquial, é utilizado en preguntas retóricas ou frases exclamativas para intensificar hiperbolicamente os sentimentos, ou unha determinada acción 
188.6 e que demo mi deu / cuita po-la nunca perder||1653.10 pera que demo queredes / puta que non á mester?
[últ. rev.: 20/05/2017]