d

Glosario

Voces do D
[últ. rev.: 03/11/2023]ImprimirAlternar visualización dos exemplos
desigual adx.
1. 'desigual, de diferente duración'
1193.9 Porque as Deus fez tan grandes, sen mesura desiguaes
2. 'dise do cantar cuxos versos non son isosilábicos ou sen correspondencia métrica entre as estrofas'
1432.6 e tu dizes que entenções faes, / que pois non riman e son desiguaes||1432.16 – Pero Lourenço, pero t’eu oia / tençon desigual e que non rimava, / pero que sa entençon de ti falava, / [o] demo lev’esso que teu criia||1432.20 ca non cuidei que entençon soubesses / tan desigual fazer nen a fezesses||1445.12 mais di-me ti, que trobas desigual: / ...
3. 'inxusto/a'
838.14 – Vós, amiga, non podedes partir / que non tenhan por cousa desigual / servir-vos sempr’e fazerdes-lhi mal||1333.20 é aquest’o feito tal, / Martin Gil, tan desigual, / e ja mui peior parece||1447.24 E, u comprir conselh’ou sén / a seu senhor, non saben ren / senon en todo desigual