Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do E
enfingir ~ enfenger ~ enfengir ~ enfinger v.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
Este verbo rexe, en xeral, a preposición de
1. v. pr. 'gabarse, vangloriarse'

578.20 [E] estade com’estades de min, / e enfingede-vos ben des aqui||761.13 Se s’el enfing’é ca x’ousa||1603.1 Moitos s’enfi[n]gen que an guaanhado / doas das donas a que amor an
761.5 mando-me-lh’eu que s’enfinga / da mia cinta e xa cinga||1030.9 ca, meu amigo, falei ũa vez / convosco por vos de morte guarir, / e fostes-vos vós de min enfingir||1293.2 o que se de mí enfinge e mi canta / disseron-mi que sa coita sempr’avanta / por mí||1440.10 Por aquesto, Don Domingo, / non digades que m’enfi[n]go / de trobar||1603.9 mais daquesto nunca m’enfingirei

768.5 E vistes vós o que s’enfengia?
1030.3 Quand’eu fui un dia vosco falar, / meu amigo, figi-o eu por ben, / e enfengestes-vos de mí por én
1189.2 Buscastes-m’, ai amigo, muito mal / ali u vos enfengistes de mí||1241.8 E, pois vos eles teen por melhor / de vos enfengir de quen vos non fez / ben
578.14 ca mi non tolh’a mí ren nen mi dá / de s’enfinger de mí mui sen razon / ao que eu nunca fiz se mal non
2. v. tr. 'finxir'
1434.2 Joan Garcia tal se foi loar / e enfenger que dava [de] sas doas

◆ IPr.: P1 enfi[n]go, P3 enfinge, P6 enfi[n]gen||ICp.: P3 enfengia||IPt.: P5 enfengistes ~ enfengestes||IFt.: P1 enfingirei||SPr.: P3 enfinga||Imp.: P5 enfingede
[últ. rev.: 20/05/2017]