Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
gente s. f.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. 'xente, conxunto de persoas'
83.17 E dé-me poder de negar / sempr’a mui gran cuita que ei / por vós aas gentes que sei / que punhan en adevinhar / fazenda d’om’...||92.20 nen ar sei oj’eu quen / mi-a toda podesse creer / mentre me viss’assi andar / viv’ontr’as gentes||103.1 Toda-las gentes mi a mí estraias son, / e as terras, senhor, per u eu ando / sen vós||108.2 Agora me quer’eu ja espedir / da terra e das gentes que i son||108.20 E ben dig’a Deus, pois que m’én vou, verdade, / se das gentes algun sabor avia / ou das terras en que eu guarecia||110.11 vergonh’á ja d’assi antr’as gentes andar||115.9 – Martin Soarez, non poss’eu osmar / que no-las gentes queran consentir / de nós tal omen fazermos pojar / en jograria||199.8 E vou-me d’ontr’as gentes alongando / por tal que me non pregunten por én||269.24 E esta dona, poi-lo non souber, / non lhe poden, se torto non ouver, / Deus n[e]n ar as gentes culpa põer||290.1 Dizen-mi as gentes por que non trobei / á gran sazon e maravilhan-s’én||317.12 e as gentes, que me veen andar / assi coitado, van én posfaçar||336.1 Vej’eu as gentes andar revolvendo||348.16 mentr’eu fezer às gentes entender / que desejo ben por que non dou ren||395.14 ouç’eu as gentes no seu ben falar / e ven Amor logo por me matar||818.5 porque sei ben que as gentes diran / que, se morrer, por mí morre de pran||877.15 [E] de profaçar a gente sandia / non avedes por que vos embargar||878.6 e na gent’é tan grande a cobiiça / que non á i conselho nen mesura||879.11 e vejo a gente toda emprobecer / e con probeza da terra sair||887.31 Porque sol dizer a gente / do que ama lealmente / «se s’én non quer enfadar, / na cima gualardon prende»||890.12 e a tal gente cuido eu de cantar / e dizer son||897.2 [Q]uen viu o mundo qual o eu ja vi / e viu as gentes que eran enton||897.18 A gent’é trist’e sol non quer cantar||919.1 De Martin Moxa posfaçan as gentes / e dizen-lhe por mal que é casado||919.8 E posfaça del a gente sandia / e non no fazen senon con meiça||955.8 e estas gentes que aqui son / teen que vos pesa de coraçon||955.14 e aquestas gentes que son aqui / teen que vos faço gran pesar i||965.3 e vej’as gentes partir de fazer / ben que soian (tal tempo nos ven!)||965.15 mudan-s’os tempos e muda-s’o al, / muda-s’a gente en fazer ben ou mal||969.3 Pelo souto de Crexente / ũa pastor vi andar / muit’alongada de gente, / alçando voz a cantar||971.21 a todo escudeiro que pede don / as máis das gentes lhe chaman segrel||1373.34 e nosso mal non sente / e fug’ant’a gente / po-la non veer||1375.5 ca vos vej’eu máis das gentes gaar / de vosso bando, por vosso trobar||1395.10 e an-lh’as gentes por én desamor, / per bõa voz que perdeu con mal sén||1396.3 ca ouç’as gentes de vós posfaçar / de cavalgar, de que vos non guardades||1396.10 se queredes con as gentes estar, / Don Fernando, melhor ca non estades, / sinher, forçade vosso coraçon||1397.9 E, porque á Don Fernando gran prez / das gentes todas de mui justiceiro, / o fez el-rei meirinho des Viveiro / atá Carron||1397.19 leixou a gente adormecer enton / e trasnoitou sobr’un om’a Leon||1472.15 Pero, com’á mui gran gente a seer, / muitas vezes vos an a derrobar||1489.54 ca ja vos tarda essa gente da Beira||1515.14 Lourenço, nunca irás a logar / u tu non faças as gentes riir||1529.19 mais a mercee de Deus quanto val, / que, u sa gente del desasperou, / feriu tres peidos e determinhou||1580.12 ca as gentes son / de tal natura, ..., / que non querran i su vós guarecer||1594.3 Meestre Nicolas, a meu cuidar, / é mui bon fisico por non saber / el assi as gentes ben guarecer||1672.10 Siquer a gente a gran mal vo-lo ten / por irdes tal molher gran ben querer
2. 'exército, tropa'
494.17 O que tragia o pendon sen oito / e a sa gente non dava pan coito / non ven al maio||876.12 a maos [e]scudeiros gage o Churruchão, / a [a]taes sergen[t]os, ca non gente befua!
[últ. rev.: 28/02/2018]