Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
grado s. m. 'agradecemento, recoñecemento, recompensa; agrado, vontade, gosto'
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
74.25 e, per bõa fe, ja pelo grado / de senhor, per que m’est’aven, / seu amor non faria mal / a nulh’ome nado, nen ben||234.10 – Quen ben serve sen[h]or sofre gran mal / e grande afan e mil coitas sen par, / onde devia bon grado a levar, / se mesura da sa sen[h]or non fal||374.17 mais eu, que mal dia fui nado, / ouvi a levar aquesto da melhor / das que Deus fezo, ca non outro grado||608.8 De morrerdes por mí non vos dev’eu / bon grado, ca esto fara quen quer / que ben cousir parecer de molher||1293.4 o que se de mí enfinge e mi canta / disseron-mi que sa coita sempr’avanta / por mí, Deus, a Vós grado

aver bon grado ~ aver bõo grado 'agradecer, recoñecer con agradecemento'. Cf. aver grado, aver mal grado, aver por grado
Cando esta expresión é dirixida directamente a Deus (ou Nostro Senhor), co verbo en P5, equivale a ‘grazas a Deus’. Así mesmo, pode rexer a preposición de ou ende

520.1 Nostro Senhor, ajades bon grado / por quanto m’oje mia senhor falou||520.8 Porque mi falou oj’este dia, / ajades bon grado, Nostro Senhor||520.13-14 Porque m’oje falou, aja[des], Deus, / bon grado
131.1 Nunca bon grad’Amor aja de mí / nen d’al porque me máis leixa viver||544.4 que mi nunca fez nen ũu prazer / e de que nunca cuid’aver bon grado?||577.1 Amiga, bon grad’aja Deus / do meu amigo que mi ven||577.7 Aja Deus ende bon grado / porque o faz viir aqui||608.3-4 ca tanto paresc’eu ben / que d’esto mal grad’ajades vós én / e Deus bon grado
1174.11 – Prazer, senhor, par Santa Maria, / prazeria, Deus aja bõo grado
aver grado 'agradecer, recoñecer con agradecemento'. Cf. aver bon grado, aver mal grado, aver por grado
Rexe a preposición de
34.15 de tal vida non poss’eu aver grado, / da que me faz viver tan sen sabor / como quen ten a morte por melhor||363.16 tan grave dia vos eu vi / se de vós grado non ouver||506.10 E, pois por ben non teedes / que eu aja de vós grado / por quant’afan ei levado / por vós||545.16 ca, vedes, / mui dõado / moir’e de vós non ei grado||695.16 enton mi averedes grado / de quan muito mal, amigo, / [sofro se falardes migo]||853.4 ca inda lh’eu muito graceria / o de que lhi nunca ouvera grado||1284.18 se de Deus ajades grado, / madre ben-aventurada, / leixedes-mi-o ir veer||1604.11 non ei dela grado
aver mal grado 'ser castigado'. Cf. aver grado, aver bon grado
Pode rexer a preposición de (ou én)
2.1 O Maroot aja mal grado / porque nós aqui cantando / andamos tan segurado||2.5 Mal grad’aja, que cantamos / e que tan en paz dançamos||2.7 Mal grad’aja, pois canta[n]do / nós aqui danças fazemos||1023.6 e ora ja dizen-mi del que ven, / e mal grad’aja mia madre por én
608.3 ca tanto paresc’eu ben / que desto mal grad’ajades vós én / e Deus bon grado||984.22 e ora, mal que pes a mia senhor, / ben me fara, e mal grad’aja én
aver por grado 'obter satisfacción ou pracer'. Cf. aver grado
559.13 mais, senhor, ..., / por quanto mal ei levado / por vós, aja én por grado / veer-vos, siquer ja-quanto
dar grado 'agradecer, dar grazas'
En xeral, dar grado rexe a preposición de (ou ende)
37.20 e non mi grado, / e perece mia fazenda||483.12 pois que se de quant’el foi lazerar / serve Don Pedro e non lhi én grado||506.19 pois m’assi desemparades / e que me grado non dades||548.17 E faço mui guisado, / pois soo servidor / da que mi non grado||1327.1 Bispo, senhor, eu dou a Deus bon grado / porque vos vej’en privança entrar / d’el-rei
117.26 mais Deus non me de vós grado / se eu, senhor, ei ren deste cuidado!||277.21 e ben dira per mí / que ben dev’end’a Deus a dar bon grado / de quantas coitas por ela sofri||552.3 Senhor fremosa, pois no coraçon / nunca posestes de mi fazer ben / nen mi dar grado do mal que mi ven / por vós||568.13 Sempre vos desto bon grado darei||607.15 Por quanto mal á levado, / amiga, razon farei / de lhi dar end’algun grado||608.14 De vos por mí Amor assi matar, / nunca vos desto bon grado darei||757.15 e Deus lhi , da por que o faz, grado||1223.4 – Nostro Senhor, fremosa mia senhor, / vos grado, que vo-lo pode dar, / [de tod’este ben que mi dizedes]||1223.10 Nostro Senhor vos [mui] bon grado / de tod’este ben que mi dizedes||1223.16 – Nostro Senhor, ..., / vos sempre mui bon grado por én / de tod’este ben que mi dizedes
Pode existir antecipación de grado, con ou sen rexencia da preposición de
506.20 pois m’assi desemparades / e que me grado non dades / como dan outras aos seus
1223.4 – Nostro Senhor, fremosa mia senhor, / vos dé grado, que vo-lo pode dar, / [de tod’este ben que mi dizedes]
põer mui bon grado 'agradecer moito'
422.15 enquant’eu vosso for / e vos de min non quiserdes doer / e da gran coita, de que sofredor / foi, e do mal, muit’á, sen meu prazer, / a vós dev’én mui bon grad’a põer

a + pos. + grado ~ ao + pos. + grado loc. adv. mod. 'voluntariamente, por vontade miña ... súa'

108.7 ca, [a] meu grad’, u m’eu d’aqui partir, / con seus desejos non me veerán / chorar||961.4 sempr’eu farei quanto m’ela mandar / a meu grado que eu possa fazer||1441.18 «Joan Servando, pero m’assi vou, / non vos darei os panos a meu grado»
939.5 posera migo / que se veesse logo a seu grado||1254.6 E, pois m’el foi a seu grado mentir, / des oimais me quer’eu d’amor partir||1643.1 Marinha Lopez, oimais, a seu grado, / se quiser Deus, sera bõa molher
1502.7 ante o vós fazed’a vosso grado
109.4 Mais est’, ao meu grado, / mui ben sera jurado, / senhor: que nunca vos amei!
con meu grado loc. adv. mod. 'de boa vontade, gostosamente'
470.5 por ben tenh’eu que vaades / mui longe de mí e mui con meu grado
de (bon) grado loc. adv. mod. 'de boa vontade, voluntariamente, gostosamente'
33.7 Pero sempre vos eu servi de grado / o melhor que [o] eu soubi fazer||71.2 Se Deus me valha, mia senhor, / de grado querria saber / se avedes algun sabor / en quanto mal m’ides fazer||182.2 de grado querria seer / sandeu por quant’ouço dizer / que o sandeu non sabe ren / d’amor nen que x’é mal nen ben||207.24 E se El aqui ouvess’a viver / e lh’eu por én podesse mal fazer, / per boa fe, de grado lho faria!||407.1 Que mui de grad’eu querria fazer / ũa tal cantiga por mia senhor / qual a devi’a fazer trobador / que atal senhor fosse ben querer / qual eu ben quer’; ...||490.1 De grado queria ora saber / destes que tragen saias encordadas, / en que s’apertan mui poucas vegadas||526.17 ca sabe Deus que, se m’end’eu quitar / podera des quant’á que vos servi, / mui de grado o fezera log’i||550.1 Senhor, que de grad’oj’eu querria, / se a Deus e a vós aprouguesse, / que, u vós estades, estevesse / convosc’! ...||560.5 e queria-m’én de grado quitar, / mais non posso forçar o coraçon, / que mi forçou meu saber e meu sén||573.8 Querria saber mandado / dos que lá son, ca o non sei, / amiga, par Deus, de grado, / por quanto vos ora direi: / ...||582.11 Pois migo ei seu mandado, / rog’eu a Deus de grado, / louçana||582.16 [Rog’eu a Deus de grado / por aquel namorado, / louçana]||602.1 Quisera vosco falar de grado, / ai meu amig’e meu namorado||814.1 Par Deus, senhor, de grado queria, / se Deus quisesse, de vós ũa ren: / ...||824.10 queria saber de grado, / amigo, por que andades / [tan trist’ou por que chorades]||832.16 E, se vós queredes meu gasalhado, / venha-vos en mente o que vos rogo, / pois vos ides, de vos viirdes logo, / e falarei convosco mui de grado||963.21 «Per bõa fe, senhor, / se eu podess’ (...), / poder comig’e con Amor, ben sei / que vos faria de grad’ess’amor»||1040.1 Que mui de grad’eu faria / prazer ao meu amigo, / amiga, ben vo-lo digo||1040.7 Faria-lho mui de grado / porque sei que me deseja||1150.11 Pois todas i van de grado oraçon fazer, / madre velida, por Deus venho-vo-lo dizer||1163.17 I vai o meu amado, / quer-me levar de grado, / e sabor ei [da ribeira]||1206.6 Pois eu mig’ei seu mandado, / querria saber de grado / se ousará meu amigo / [ante vós falar comigo]||1214.13 Irei co[n] el mui de grado, ca non / me sei conselho se mi-o Deus non der||1243.1 – Filha, de grado queria saber / de voss’amig’e de vós ũa ren: / ...||1289.6 e treides migo, madre, de grado, / ca meu amig’é por mí coitado||1290.17 Morrer-vos-ei con aqueste cuidado, / e, se quiserdes, irei mui de grado / con meu amigo||1297.4 Mia irmana fremosa, treides de grado / a la igreja de Vigo, u é o mar levado||1303.5 irmana, treides comigo, ca sei que ven i de grado, / a Santa Maria de [Reça]||1340.15 E ja de grado el renunçaria / sas ordĩis, ..., / por lhe non seer seu mester defeso / nen er ficar en tanta peioria||1406.1 Querri’agora saber de grado / d’un ome, que sei mui posfaçador / [e] de posfaçar á tan gran sabor, / se soub’ora el com’é posfaçado||1467.7 pero se oj’este dia / lh’outren der maior contia, / ficará con el de grado||1503.2 Don Martin Galo ést’acustumado / de lhi daren algo todos de grado||1571.9 «Faria-o de grado, / mais jurei antan’en Jaen, / na oste, quando fui cruzado, / que nunca diga [de mal ben]»
268.4 [d]e mui bon grado querria a un logar ir / e nunca m’end’ar viir||465.6 «De mui bon grado queria ir / logo e nunca [máis] vĩir»||665.8 Jurastes que toda via / verriades de bon grado / ante que saiss’o dia||978.19 E de bon grado ja m’eu partiria / de vós, Amor, se ouvess’én lezer||1302.2 e verra o namorado de [mui] bon grado falar [co]migo||1372.2 Se m’el-rei dess’algo, ja m’iria / pera [a] mia terra de bon grado||1473.8 e dar-vos-ei recado / de vossos dinheiros de mui bon grado
mao seu grado loc. adv. mod. 'a seu pesar, contra a súa vontade'
782.13 non fog’én o mui coitado, / mais ele, mao seu grado, / aca verra
per + pos. + grado loc. adv. mod. 'de boa vontade, voluntariamente, gostosamente'
896.17 Mais non am’eu per meu grado / nen ar cuid’a gradoar / d’Amor, que me ten forçado||918.11 E, se el-rei fos[s]e ben conselhado, / maestr’Acenço, daquestes dinheiros / que lh’o demo leva nos cavaleiros, / parti-los-ia vosco, per meu grado||932.14 – Filha, po-lo desassanhar / falaredes per meu grado||1037.16 mais per meu grad’aqui non dormirá||1257.5 se el vir vós nen mí per meu grado, / San Salvador mi seja irado / de Valongo
199.28 castigar-s’én pelo seu coraçon / qual pera sí non quisesse, que non / dissesse a outre nunca per seu grado||583.17 Porque mentiu o perjurado, / pesa-mi, pois mentiu per seu grado||664.5 Do que mi ouve jurado, / pois mentiu per seu grado, / sanhuda [lh’and’eu]||1603.8 ca, se per seu grado fos[s]’, al seeria||1603.11 ca eu verdadeiramente o sei / que per seu grado nunca mi-o daria
O posesivo pode levar artigo
176.7 e por vos ar dizer log’outra ren: / ca vos non quero ben pelo meu grado||259.5 non vos quer’eu pelo meu grado ben||259.21 e, si Deus me perdon, / non vos faç’i pesar pelo meu grado||905.15-16 Senhor, e non foi pelo meu / grad’u vos fui amar nen ei / i culpa porque vos amei||1368.18 non lho sofrerei, / mais, polo meu grado, / dar-mi-á ben dobrado / o sinal que lh’eu dei
1309.9 Se de mí ouver mandado, / non sei ren que o detenha, / amiga, pelo seu grado, / que el mui cedo non venha
sen grado loc. adv. mod. 'de má vontade'
14.23 ei log’a buscar, sen grado, / razon por me lhe salvar||24.14 ca, se d’al ouvesse poder, / aver-vos-ia desamor / assi como vos ei gran ben / a querer, sen grad’; ...||262.3 Ai mia senhor, quero-vos preguntar, / pois que vos ides e eu non poss’ir / vosco per ren e, sen grad’, a partir / m’ei eu de vós e de vosco morar||478.32 e andar de noite armado / sen grado / o faço, e a rolda[r]||859.14 ei a viver sen grad’e, des enton, / viv’en pesar
sen + pos. + grado 'contra a miña ... súa vontade'
29.8 mais ora non me saberei / conselhar quando lh’averei, / sen meu grad’, a buscar prazer||56.19 non sei al deste mundo desejar / senon vós, que muit’é sen meu grado||179.5 que viss’a dona que veer querria / (...), / de que m’eu mui sen meu grado parti / e mui coitad’, ...||252.4 pois sen meu grad’ei a fazer / a mia senhor mui gran pesar, / ca lhe pesa de a amar||288.1 Que sen meu grado m’oj’eu partirei / de vós, senhor, u me vos espedir!||344.1 Que sen meu grado me parti / de mia senhor e do meu ben, / que quero melhor d’outra ren!||370.2 Quando m’eu mui triste de mia senhor / mui fremosa sen meu grado quitei / e s’ela foi, mesquinh’, ...||403.15 ca mi avẽo assi outra vez ja, / mia senhor fremosa, que me quitei / de vós e sen meu grad’alhur morei||404.2 Parti-m’eu de vós, mia senhor, / sen meu grad’ũa vez aqui||405.5 por én / me faz a min sen meu grado viver / longe dela e sen seu ben-fazer / Deus||688.19 Pois vos ides sen meu grado / e non dades nada por mí||693.5 e el mi [á] perduda / porque se foi sen meu grado d’aqui||705.7 Foi-s’el mui sen meu grado / e non sei eu mandado||739.7 E, se soubesse quan sen meu grado / non fiz por el quant’eu quisera enton / fazer||790.16 ca, pero mi fezera gran preito, / foi-se d’aqui sen meu grad’, amiga||800.5 porque morastes o digo / mui longi de min e mui sen meu grado||843.8 Meu talan era de vos non parcir / porque vos fostes sen meu grad’enton||854.21 quer lhi pes, quer lhi praza, or’assi / seera ja sen meu grado, de pran||928.4 pero foi-s’el noutro dia d’aqui / sen meu grado||983.1 Agora me part’eu mui sen meu grado / de quanto ben oje no mund’avia||985.9 en forte pont’eu fui nado, / que vos amo sen meu grado / e faço a vós pesar i||1008.2 Dizen, amigo, que outra senhor / queredes vós sen meu grado filhar / por mi fazerdes con ela pesar||1051.2 A que mi a mí meu amigo filhou / mui sen meu grad’e non me tev’en ren||1157.7 Filha, que mal baratades, / que o sen meu grad’amades, / pois que vos non quer veer!||1158.5 se ora for sen meu grad’u ir quer, / achar-s’-á ende mal se eu poder||1160.18 Chorarán estes olhos meus, / pois vos ides sen meu grado||1641.27 e el i / atanto me convidou / que, sen meu grado, jantei / con el, mal que mi pesou
130.24 ca entendi que foi tan sen seu grado / que lhe fogi da terra con pavor / que ouve dela e fiz mui mal sén||148.17 Se eu netas de conde sen seu grado / tomar, ..., / nunca por én serei desafiado / nen pararei mia natura peior||672.7 Por quanto m’outra vegada sen seu grado con el vi, / guarda-me del a perfia||851.13 [E] pero nunca lh’eu cousa mereci / per que me mate, ventura me faz i / sen seu grado ben querer||1051.6 mal i sera quando lho eu filhar / mui sen seu grad’e non a preguntar||1382.14 [...] / e pois guarra a morte, sen [seu] grado||1603.7 ca jur’a Deus que nunca mi deu ren / senon ũu peid’, o qual foi sen seu grado
221.5 sen vosso grado me vos faz Amor, / e sen o meu, querer gran ben, senhor||846.16 Sera migo seu mandado, / e praz-mi que veeredes / por quanto mal mi fazedes, / mia madre, sen vosso grado||933.6 [se non, irei sen mandado] / vee-l’e sen vosso grado||1257.20 E sei ben que non é tan ousado / que vos el veja sen vosso grado
O posesivo pode levar artigo ou, mesmo, estar antecipado o substantivo grado
95.7 mais fez-mi-a Deus, des que a vi, / sen o meu grado muit’amar||176.19 pois eu, cativo, desaconselhado, / sen no meu grado vos quero gran ben||687.2 Pero vos ides, amigo, / sen o meu grad’alhur viver, / non vos ides, ond’ei prazer, / por non falardes comigo||829.10 E vistes u s’el partia / de mí mui sen o meu grado / e jurando que avia / por mí penas e cuidado?||1267.2 Porque se foi meu amigo / sen o meu grad’alhur viver
221.6 sen vosso grado me vos faz Amor, / e sen o meu, querer gran ben, senhor
292.9 vós e nós chorando vosco, / e el, mui sen o seu grado, ouve-s’enton d’ir connosco||1350.11 e, a pesar dele, sen o seu grado, / non quer Vela de sobre sí tolher

a Deus grado 'grazas a Deus'. Cf. (bon) grad’a Deus, grado a Deus e a el-rei
62.1 A Deus grad’oje, mia senhor, / porque vos eu posso veer||653.5 mais, a Deus grado, / par Deus, do[nas, aqui é ja!]||987.17 e por end’, a Deus grado, / ja o bon rei en seu pode-la ten||1137.1 Fremosas, a Deus grad’, é tan bon dia comigo, / ca novas mi dis[s]eron ca ven o meu amigo||1137.4 Tan bon dia comigo é, fremosas, a Deus grado, / ca novas mi disseron ca ven o meu amado||1137.6 E, fremosas, a Deus grado, ca ven o meu [amado!]||1145.9 ca lhi dix’, a Deus grado, quanto lh’eu dizer quix
(bon) grad’a Deus '(moitas) grazas a Deus'. Cf. a Deus grado, grado a Deus e a el-rei
649.3 e, amigo, grad’oj’a Deus / que vos veen os olhos meus||692.15 ben, grad’a Deus, que m’end’assi guardou||1465.9 Pero non vos custou nada / mia ida nen mia tornada, / grad’a Deus||1598.28 grad’a Deus, rei á na terra
1532.17 «Bon grad’a Deus, ca ja agora averei / o ben por que andava en cuidado»
grado a Deus e a el-rei 'grazas a Deus e a el-rei'. Cf. a Deus grado, (bon) grad’a Deus
1598.20 nulho medo, grado a Deus e a el-rei, / non ei de força que me vós façades
[últ. rev.: 13/01/2018]