Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
guardar ~ gardar v. Cf. aguardar
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. v. tr. 'protexer, defender; vixiar, velar'
Nesta acepción aparece con certa frecuencia a rexencia coa preposición de

35.11 non me vos ir enton mostrar, senhor, / e, pois me vos mostrou, non vos guardar||65.23 e o que m’ende guardar non poder / ja me non pode en al prestar, senhor||117.10 E, mia senhor, sei eu guardar outr’én||117.12 e a min, que mi avia máis mester, / non sei guardar||145.6 guardaredes i / voss’ome, se guardardes mí, / e que vos nunca fez pesar||204.17 nen me quis Deus guardar nen mia folia||264.8 Pero sei ben, u non jaz al, / que lhes verra én muito mal, / que os non pod’én guardar ren||266.31 se vos vós én non quiserdes guardar||270.3 ca non quis El u me non quis guardar||270.9 mas quen Deus guardar / non quer non pode guardado seer||450.5 que guarde ben mia senhor, / ca ja [son] eu treedor / se se ela quer ir migo||552.19 E assi me poderedes guardar, / senhor [fremosa], sen vos mal estar||593.23 – Non, mia senhor, mais por guardar / vós, mato mí, que mi-o busquei||725.14 Gran pesar lhi farei, non vistes maior, / porque non guardou min nen no meu amor||860.14 Como se fosse o feito meu, / vos guardarei quant’eu poder||950.4 mais pero a guardan assi / quantos dias no mundo son, / ala vai o meu coraçon||950.10 mais pero a guarda mui ben / quantos dias no mun[do son, / ala vai o meu coraçon]||950.13 Do[s] que a guardan sei eu ja / que lhis non pod’ome ala ir||981.26 e entendi-m’eu des enton / que aquel é guardado / que Deus guarda||998.15 e, amigos, non me soub’én guardar / per outra ren se per aquesta non||1410.2 Pero Fernandiz, ome de barnage, / que non quer de noite guardar o muu||1555.21 Melhor fora dar o rocin dõado / ca por tal muacha remusgador, / que lh’ome non guardará se non for / el||1582.9 Mais da-lo-edes en panos tomar, / se vo-los deren, e en nos guardar / e en vende-los en aquel mercado||1588.2 Maior Garcia ést’omiziada, / que tanto guarda seu corpo, de pran, / que ja de noite nunca ela man, / como as outras, na sua pousada||1637.9 E, quand’el a madeira adusser, / guarde-a ben e faça-a jazer / en logar que non chôvia||1672.28 e as guardas non se queren partir / de vós, e guardan-a por én melhor
12.2 Eu, que nova senhor filh[ei], / mal me soube d’afan guardar||23.39 pois i a vós fezer / prazer e min de gran coita poder / guardar||35.3 Par Deus, senhor, mui mal me per-matou, / ..., / o que vos agora guarda de mí||40.7 Podera-m’eu de grand’afan guardar / e de gran coita, que depois levei||54.26 Ca, mia senhor, sempre vo-lo eu neguei / por me guardar desto que m’oj’aven||54.28 mais [pero] non quis [Deus] que m’eu por én / daquesta perda podesse guardar||145.4 e, se me quiserdes guardar / de morte, guardaredes i / voss’ome||145.5 e, se me quiserdes guardar / de morte, guardaredes i / voss’ome||146.18 mais poder-m’-edes / vós, se quiserdes, de força guardar / de tal guisa como vos eu disser||146.28 ca sempre vos por conselho darei / que o voss’ome de morte guardedes||152.20 d’outra tal coita me quer’eu guardar||265.11 ca esto me pode guardar / da mui gran coita que eu ei d’amor||266.29 E de tal preço guarde-vos vós Deus, / senhor e lume destes olhos meus||428.16 pois que a vir, u a non vir, non á / ren que me possa de morte guardar||434.13 E d’atal pleito punhad’en guardar, / senhor fremosa, o vosso bon prez||458.14 Se con os cardeaes, ..., / posesse que guardasse nós de maos trebelhos, / fez[er]a gran mercee||484.11 e el guardó-o log’enton mui ben / deles||778.9 Quando mi as[s]eentei, si veja prazer, / non me guardava eu de tal acajo[n]||1031.6 mais vós guardade mí e vós de mal||1031.20 E, se vós fordes amigo leal, / guardaredes vossa senhor de mal||1042.7 Ren non vos pode de morte guardar||1118.16 e des i e sempre cura / d’el-rei, seu padre, guardar||1144.7 E al á i de que vos non guardades: / ...||1214.2 Nostro Senhor, e como poderei / guardar de morte meu amig’e mí, / ca mi dizen que se quer ir d’aqui?||1242.21 Mais Deus, ... / ..., / nos guarde de mal se vir ca ben é||1335.8 Com’el guardou de frio e de fome / este mouro||1545.7 Tod’esto lh’ei eu a sofrer / e, ai Deus, del me guardade / aqui ena pousada||1554.20 e provará, per maestre Reinel, / que lha guardou ben dez meses daquel / cerro||1561.13 Ben as cuidara de morte guardar / todas tres quando as fez[o] sangrar||1595.7 e dix’eu que cuidavades en al, / ca vos vi sempre daquesto guardar||1596.8 E ben nos quis Deus de morte guardar / Paai Rengel e outros dous enton / d’ũa lide que foi en Ultramar||1635.11 per como guardan sas armas de mal / cada un deles
28.21 nen á de se gardar mester, / senhor, quen Deus gardar non quer
2. v. tr. 'conservar, manter; esconder, encubrir'
494.2 O que da guerra levou cavaleiros / e a sa terra foi guardar dinheiros / non ven al maio||760.10 guardad’a cint’e a touca, / ca nunca ja esse [preito / mig’, amigo, sera feito]||812.25 e faz gran traicion / o que ben á se o seu coraçon / en al pon nunca senon en guardar / sempr’aquel ben||1335.15 Ala guarde toda prol en seu seo / Alvar Rodrig[u]iz||1531.5 quen dá seu manto que lho guard’alguen / e lho non dá tal qual o deu, por én, / que manda [end]’o Livro de Leon?||1560.16 e anda én guisado / quen sempr’o seu guardou||1642.3 Eu ben cuidava que er’avoleza / d’o cavaleiro mancebo seer / escasso muit’e de guardar aver||1654.10 mais ela non á maeta ferrada / en que o guarde
330.8 «Sen[h]or fremosa, morrerei con pesar, / pois vós filhastes orden e vos an de gardar»
3. v. tr. 'preservar do contacto visual ou directo co amante, afastar do amante, vixiar'
Nesta acepción aparece nalgunha ocasión a rexencia coa preposición de
35.13 mais foi-me-vos El amostrar enton / e guarda-me-vos ora quando non / me sei, sen vós, conselh’, ergo morrer||381.1 Mia senhor, quen me vos guarda / guarda min||381.2 Mia senhor, quen me vos guarda / guarda min||381.7 mais o que vos dá por guarda / en tan bon dia foi nado / se dos seus olhos ben guarda / o vosso cos ben-talhado||672.8 Por quanto m’outra vegada sen seu grado con el vi, / guarda-me del a perfia||974.25 Torto fara se mi-a guardar, / ca non vou eu u ela é||1016.14 De mia madr’ei gran queixume / porque nos anda guardando||1032.15 Do que me guarda tal é seu cuidar: / ...||1041.10 que lho non poden per ren entender / o[s] que cuidan que a guarda[n] mui ben||1103.4 senhor, se vos guardaren e vos eu non vir, / non cuido un dia máis a guarir||1134.2 Do meu amig’, a que eu quero ben, / guardan-me del, e non ouso per ren / a Santa Maria ir||1134.4 Guardan-me dele que o non veja / e non me leixan, per ren que seja, / a Santa Maria ir||1153.3 poden-m’agora guardar, / mais non me partirán de o amar||1153.13 Muito me poden guardar, / e non me partirán d[e] o amar||1212.3 Foi-s’un dia meu amigo d’aqui / trist’e coitad’e muit’a seu pesar / porque me quis del mia madre guardar||1232.28 – Mester vos é, ca vo-lo entenderán / se o ceardes, [e] guardar-vos-an||1242.15 ca, poi-lo souberen, el partid’é / de nunca ja máis viir a logar / u me veja, tanto m’an de guardar||1249.4 ca de tal guisa me guardan del ja / que non ei eu poder de fazer ren / por el||1249.16 e digo-vos que me guardan assi / que [non ei eu poder de fazer ren / por el]||1269.8 e guardades-me tanto que non ei poder / d’ir a San Leu[ter falar con meu amigo]||1283.8 E non me devedes, mia madr’, a guardar, / ca, se lá non for, morrerei con pesar||1290.2 Non poss’eu, madre, ir a Santa Cecilia, / ca me guardades a noit’e o dia / do meu amigo||1290.7 Ca me guardades a noit’e o dia, / morrer-vos-ei con aquesta perfia / por meu amigo
35.4 Par Deus, senhor, mui mal me per-matou, / quando vos eu primeiramente vi, / o que vos agora guarda de mí, / porque vos enton de mí non guardou / que vos non viss’...||950.8 De sa madre sei ũa ren: / que a manda muito guardar / de mí e d’outren ala entrar||974.22 mais diga a seu marido / que a non guarde de min ja
4. v. tr. 'respectar, cumprir con, servir, atender'
927.10 E, senhor, mal dia naceo / que[n] mesura muito aguardou / como eu guardei||1523.11 e por én rogador / foi log’a Deus, ca teve por melhor / de guardar a El ca o que aguardou||1523.14 e, mentre viva, diz que quer teer / un clerigo con que se defender / possa do demo, que sempre guardou
927.15 A vossa mesura gardei, / senhor, sempre máis d’outra ren||1417.27 mais-los trobadores travar-vos-an / ja-que nos tempos, que ben non gardastes
5. v. tr. 'impedir, prohibir'
Nesta acepción introduce sempre unha cláusula completiva con que
258.4 mais ja per ren / no[n] ei poder de me guardar / que vos non aja de fazer, / do ben que vos quero, saber||372.2 Senhor fremosa, des quando vos vi / sempr’eu punhei de me guardar que non / soubessen qual coita no coraçon / por vós sempr’oue||599.2 Que coita ouvestes, madr’e senhor, / de me guardar que non possa veer / meu amig’e meu ben e meu prazer!||599.8 Vós fezestes todo vosso poder, / madr’e senhor, de me guardar que non / visse meu amig’e meu coraçon||604.9 e min guardou / que vos non viss’, amig’; ...
6. v. intr. 'evitar, librar(se) de'
Nesta acepción aparece sempre coa rexencia das preposicións de ou en seguidas de infinitivo

61.13 ca me soub’eu sempre mui ben guardar, / a Deus loado, de m’omen fazer / nen a molher a verdad’én saber||65.20 que ja, ..., / nulha cousa non me pode guardar / d’aquesta cuita, que levo, levar / se eu de vós algun ben non ouver||68.16 E tod’ome que se poder / per algũa guisa guardar / de nunca molher muit’amar / fara bon sén se o fezer||68.23 Mais quen s’én ben guardar quiser / guarde-se ben de ir a logar / u veja o bon semelhar / da mia senhor||71.19 ca ja eu sempre guardar-m’-ei / d’aver máis ben do que oj’ei / se per vosso mandado non||87.1 Punhei eu muit’en me guardar / quant’eu pude de mia senhor / de nunca’n seu poder entrar||92.9 Mais fez-m’atal senhor aver / de que m’ouve sempre a guardar, / des que a vi, de m’entender / qual ben lhe quero||95.22 E guardar-m’-ei de a veer, / pero non desejo muit’al||96.10 guardar-se ben de lho saber / per ren nulh’omen nen molher||126.1 Pero que punh’en me guardar / eu, mia senhor, de vos veer||127.10 E, mia senhor, se m’eu desto temesse / u primeiro de vós falar oi, / guardara-m’én de vós viirdes i||128.17 ca m’ei d’atal don’a guardar, / de qual mi or’oistes dizer, / de a veer||136.19 E, pois-la vir, se poder sí guardar / de lh’aviir com’end’a min aven, / ben terrei eu que escapara én||178.4 guardara-me log’i / de a veer, amigos||261.17 e non mi ar pude d’outra ren pagar / senon de vós, e conven-mi a guardar / de mi-o saberdes quant’eu máis poder||268.16 mas pero guardar-m’-ia / de sofrer a gran coita que sofri de-lo dia / des que vi o que vi||287.20 [E] vedes por que o quero saber: / por me guardar de vos pesar fazer||310.24 e guarde-se ben de non ir / com’eu fui log’en seu poder entrar||422.27 e por quanto ben vos Deus fez, senhor, / guardade-vos de tal erro prender||426.7 Non me guardei de vos dizer pesar / quando vos diss’, ..., / que vos queria gran ben||426.14 ca me fezestes vós perder o sén / porque me non soub’eu guardar enton / de vos dizer que vos queria ben||446.14 E sempr’eu cuidei no meu coraçon / de lhi fazer serviç’e me guardar / de ja máis nunca lhi fazer pesar||533.8 ca, pero mi nunca fez ben, / se a non vir, non me posso guardar / d’ensandecer ou morrer con pesar||654.13 ca se non quis meu amigo guardar / de lhi saberen que [mi quer gran ben]||998.14 ca me guardei de lhe fazer pesar||1032.1 Non vos sabedes, amigo, guardar / de vos saberen, por vosso mal sén, / como me vós sabedes muit’amar||1043.6 de mentira non me poss’eu guardar, / mais guardar-m’-ei de vos fazer pesar||1043.19 De fazer mentira sei-m’eu guardar||1114.8 porque m’ei de guardar e de temer / de mi-o saberen||1152.1 Mia madre velida, e non me guardedes / d’ir a San Servando||1152.4 E non me guardedes, se vós ben ajades, / d’ir a San Servando||1152.5 E non me guardedes, se vós ben ajades, / d’ir a San Servando, ca, se me guardades, / morrerei [d’amores]||1152.7 E, se me vós guardades d’atal perfia, / d’ir a San Servando fazer romaria, / morrerei [d’amores]||1152.10 E, se me vós guardades, ben vo-lo digo, / d’ir a San Servando veer meu amigo, / morrerei [d’amores]||1269.2 Por Deus vos rogo, madre, que mi digades / que vos mereci, que mi tanto guardades / d’ir a San Leuter falar con meu amigo||1269.5 ca non me guardaredes, pero quiserdes, / d’ir a San [Leuter falar con meu amigo]||1335.10 Com’el guardou de frio e de fome / este mouro, poi-lo ten en poder, / mái-lo dever’a guardar de foder, / pois con el sempre alberga e come||1377.16 De se comprar ouv’el sabor / tan grande que se non guardou / de mercar mal||1395.8 Non se guardou de foder||1396.4 ca ouç’as gentes de vós posfaçar / de cavalgar, de que vos non guardades||1478.12 maravilha sera se vos guardar / ũu dia poderdes de vos molhar / so ũa mui boa capa dobrada||1518.10 se vo-la besta mal selada andar, / guardade-a de xi vos derramar||1661.23 nen se saberia melhor guardar / de nunca ja con molher albergar / por non se riir del[e] o pecado
425.9 ca me guardei / tan muit’en vos dizer pesar / que nunca [vos ousei dizer / o que vos queria dizer]||1406.18 ante tenh’eu que é ben sabedor / de posfaçar d’amig’e de senhor / e non guardar nen un ome nado / en posfaçar
461.23 E, pois que sodes aposto e fremoso cavaleiro, / gardade-vos de seerdes escatimoso ponteiro
7. v. pr. 'protexerse, defenderse'
Nesta acepción aparece con certa frecuencia a rexencia coa preposición de (ou én ~ ende)

28.28 ca non me poderei guardar||94.8 mais guardar-m’-ei / que mi-o non sábia mia senhor||122.9 E ja desta mezcra [a]tal / de me guardar non ei poder||145.25 e, se se guardar non poder, / avera de vós quant’eu ei: / ...||204.16 E des que a vi o primeiro dia / non me guardei nen fui én sabedor||270.4 e non ouv’eu de me guardar poder, / ca dix’eu ca morria por alguen||275.18 mais guarde-se quen se poder guardar||275.18 mais guarde-se quen se poder guardar||373.17 ca tan muit’é o vosso ben, sen[h]or, / que eu non cuido nen posso cuidar / que se podesse nulh’omen guardar||450.8 Fiiz non se quer guardar / [e] nen sol non é pensado||499.4 muit’er sei que non ei poder / de m’agora guardar que non / veja||807.17 mas tant’oi falar / no seu ben que me non soube guardar||807.24 e poden-se guardar / melhor ca m’end’eu guardei, que morria||878.3 o Antecristo ora seera na terra, / ca se non guarda tregoa nen postura||970.11 e ar se guarde quen s’á per-guardar, / ca mia fazenda vos dig’eu sen falha||970.11 e ar se guarde quen s’á per-guardar, / ca mia fazenda vos dig’eu sen falha||1048.7 Por nulha ren non me posso guardar / que non moira ced’e con gran pesar||1081.16 e pero non me guardarei, / se vos eu mia coita [contar, / que pois non aja de chorar]||1120.14 non se pode meu amigo guardar / que me non aja pois muit’a rogar / polo que m’agora non quer gracir||1202.7 – E guardade-vos, filha, ca ja m’eu atal vi / que se fez[o] coitado por guaanhar de min||1202.9 E guardade-vos filha, ca ja m’eu vi atal / que se fez[o] coitado por de min guaanhar||1348.21 guarda-s’el-rei, come de bon saber, / que o non filhe luz en terra alhẽa||1350.3 por tan muito que fez por se guardar / por molher, que nunca fora guardada||1394.11 “quen se non guarda, non o preçan ren”||1416.19 mais, pois esto for, se quis[er] filhar / seu conselho, pode ben guarecer / se se ben guardar||1470.24 mais, por Deus, guardade-vos i, / ca tod’é en vosso poder||1509.15 Mal se guardou e perdeu quant’avia, / ca se non soub’a cativa guardar||1509.16 Mal se guardou e perdeu quant’avia, / ca se non soub’a cativa guardar||1545.14 ca, se mal contecesse, / de que me lh’eu ben guardarei / que lh’eu esto non sofresse, / dar-m’-ia gran punhada||1588.5 e guarda-se, ja nunca tanto vi, / ca u man oje non marrá cras i, / des i de noite nunca dorme nada||1643.5 e direi-vos como se quer guardar: / ...||1654.8 E o perdon é cousa mui preçada / e que se devia muit’a guardar
14.25 A guardar- / -m’ei deles e ra[n]curar||42.18 ca de mil coitas, en que omen ten, / se guardaria daquel desleal||68.22 Mais quen s’én ben guardar quiser / guarde-se ben de ir a logar / u veja o bon semelhar / da mia senhor||71.26 ca de tal ben eu guardar-m’-ei||82.23 mentre m’eu guardar poder / de fala d’om’ou de molher||83.8 E dig’esto por me guardar / d’ũa cousa que vos direi: / ...||84.7 e non se pode guardar én||94.28 que sei de pran / ca dos que me preguntarán / e dos outros m’ei a guardar||95.21 e desto m’ei sempre a guardar||117.9 e non ei ventura / de saber-me guardar de gran loucura||145.21 mas de qual mort’eu morrerei / se guarde quen vos ben quiser||145.22 E querra-se guardar mui ben / de vós quen mia morte souber||268.16 De cousas me non guardo, mas pero guardar-m’-ia / de sofrer a gran coita que sofri de-lo dia / des que vi o que vi||310.8 E, se m’eu dela soubesse guardar / quando a vi, punhara de guarir||319.8 e dereit’é d’assi morrer, / de que m’eu podera quitar / se m’ende soubesse guardar||361.15 e mal dia naci / porque vos fui dizer tan gran pesar / e porque m’end’eu non pude guardar||428.10 u a non vir, non sei / ren que me guarde de morte por én||478.37 eu foi ja marinheiro / e quero-m’oimais guardar / do alacra||576.14 E, se lhi mostrass’algun desamor, / non se podia guardar de morte||597.15 Morrerá desta, ..., / que toma en sí tamanho pesar / que se non pode de morte guardar||627.3 mais, pois m’eu guardar / non posso ja de por dona morrer||692.7 ca sempre m’eu de tal guisa guardei / que non soubessen meu mal nen meu ben||692.15 grad’a Deus, que m’end’assi guardou||722.19 mais non se pode de mui gran pesar / guardar seno[n] que[n] x’end’el quer guardar||722.19 mais non se pode de mui gran pesar / guardar seno[n] que[n] x’end’el quer guardar||722.20 mais sempre m’eu d’atal preito guardei / o máis que pud’e non ouv’i sabor||724.19 ca se non soube da morte guardar||807.25 e poden-se guardar / melhor ca m’end’eu guardei, que morria||898.30 E de tal coita, enquant’eu poder, / guardar-m’-ei sempr’, ...||998.10 veed’, amigos, que ben m’én guardei: / ...||1043.5 de mentira non me poss’eu guardar, / mais guardar-m’-ei de vos fazer pesar||1081.10 non ei poder de m’én guardar||1105.7 ca, por bõa fe, sempre m’eu guardei / quant’eu pudi de lhi pesar fazer||1250.4 e oimais quen nos vir / de tal se guard’...||1335.17 Ala guarde toda prol en seu seo / Alvar Rodrig[u]iz, que pôs en tirar / daqueste mouro, que non quis guardar / de seu foder||1350.5 por se guardar de maa nomeada, / filhou-s’e poso Vela sobre sí||1431.27 ca eu sei canções muitas e canto ben / e guardo-me de todo falimen||1466.7 mais trobar-vos-ei / de muitas cousas que vos eu direi, / do que vos vós non sabedes guardar||1487.17 ca me non posso de dano guardar / deste corvo que vejo tan chegado / à nossa casa||1508.2 Elvira Lopez, que mal vos sabedes / vós guardar sempre daqueste peon / que pousa vosc’...||1508.16 O peon sabe sempr’u vós jazedes / e non vos sabedes dele guardar||1616.10 e quero eu morrer por ela, / ca me non poss’én guardar||1622.16 e da Triidade, per u soia / d’ir, mandade que se guard’el mui ben

28.16 Pero que punhei, mia senhor, / en me gardar, non me prestou / quando ja agora aqui estou / u vos non poderei guarir||28.20 nen á de se gardar mester, / senhor, quen Deus gardar non quer
107.28 Non me vos poss’eu ja gardar / de por vós morte non prender||293.8 [E] est’é o de que vos vós gardades: / ...||408.14 – Pero cuid’eu, fremosa mia senhor, / des que vos vi, que sempre me gardei / de vos fazer pesar

◆ IPr.: P1 guardo, P3 guarda, P5 guardades ~ gardades, P6 guardan||ICp.: P1 guardava||IPt.: P1 guardei ~ gardei, P3 guardou, P5 gardastes||IAp.: P1 guardara||IFt.: P1 guardarei, P3 guardará, P5 guardaredes, P6 guardarán||IPp.: P1 guardaria, P3 guardaria||SPr.: P1 guarde, P3 guarde, P5 guardedes||SPt.: P3 guardasse||SFt.: P1 guardar, P3 guardar, P5 guardardes, P6 guardaren||Imp.: P5 guardade ~ gardade||Xer.: guardando
[últ. rev.: 02/05/2018]