Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
levar v.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. v. tr. e pr. 'erguer, levantar'
586.18 o vento lhas levava / eno alto||586.26 O vento lhas levava, / levantou-s’alva||1507.6 mais prougu’a Deus que choveu, / creceu a erva, / e per cabo sí paceu, / e ja se leva
2. v. intr. e pr. 'erguerse, levantarse da cama'
346.9 E esta coita, de que eu jaço / cuidando sempre des que me deito, / pois me levo, sol non é en preito / que cuid’en al||381.10 Se foss’eu o que vos leva, / levar-m’-ia en bon dia||656.1 Levad’, amigo, que dormides as manhanas frias||656.4 Levad’, amigo, que dormide-las frias manhanas||1204.1 [Levou-s’aa alva], levou-s’a velida, / vai lavar cabelos na fontana fria||1204.1 [Levou-s’aa alva], levou-s’a velida, / vai lavar cabelos na fontana fria||1204.4 [Levou-s’aa alva], levou-s’a louçana, / vai lavar cabelos na fria fontana||1204.4 [Levou-s’aa alva], levou-s’a louçana, / vai lavar cabelos na fria fontana
3. v. tr. 'levar, transportar consigo, conducir, acompañarse de alguén'
195.20 mais rogarei tanto Nostro Senhor / que El me lev’u a possa veer||195.31 e, se non, leve Deus u son os seus / estes meus olhos que vejan os seus||195.35 leve-os Deus cedo, que pod’e val, / u veran ela, que tan muito val||272.4 levei-os d’u veian sa senhor||272.10 Levei-os d’u a viian por én||272.16 pero me de fazer / mui grave foi, levei-os eu ali||381.9 Se foss’eu o que vos leva, / levar-m’-ia en bon dia||459.5 E dos poldrancos de Campos levarei grandes companhas||459.9 Levarei Fernando Teles con gran peça de peões||472.3 Don Meendo, Don Meendo, / ..., / quen leva o baio non leixa a sela||481.16 É romeu que Deus assi quer servir / por levar tal furt’a Jelusalen||491.2 Ao daian de Calez eu achei / livros que lhi levavan da Beger||494.1 O que da guerra levou cavaleiros / e a sa terra foi guardar dinheiros||527.2 Non sei como me salva mia senhor / se me Deus ant’os seus olhos levar||617.11 Pois de me levar vejo / que éste o seu desejo, / pois que a el praz, / praz-mi muito sobejo||628.24 e, se vos eu quero ben de coraçon, / leve-me Deus a terra u vos non veja||703.3 levade-me vosc’, amigo||719.10 dizede, se vos venha ben, / se vos disse novas alguen / dos que el-rei levou sigo||801.2 Que trist’anda meu amigo / porque me queren levar / d’aqui!||828.1 – Vistes, madr’, o escudeiro que m’ouver’a levar sigo?||840.7 e de mí, senhor, por Deus, que sera, / poi-lo coraçon migo non levar?||876.6 azemela e cama levavan ja por sua||900.7 eu non podera máis viver / u vos foron d’aqui filhar / à força de vós, e levar||910.3 Que doo que agora ei / dos meus olhos polo chorar / que faran, poi-los eu levar, / senhor, u vos non veerei||918.27 mais, se i jouver algũu omen fraco, / dos vossos poos levad’un gran saco||962.19 e nos braços a levar / na coma do rocin, deant’, ...||990.27 e Deus, que o pode salvar, / esse o lev’a bon logar / pelo gran poder que end’á!||1012.1 Amigo, quando me levou / mia madr’, [a] meu pesar, d’aqui, / non soubestes novas de mí||1012.9 amigo, non soubestes ren / quando me levaron d’aquen||1100.35 se me queredes levar, / ir-m’-ei vosc’e fico vossa pagada||1104.2 Senhor fremosa, oi eu dizer / que vos levaron d’u vos eu leixei / e d’u os meus olhos de vós quitei||1140.10 dized’, amigo, se Deus vos lev’a Bonaval: / ...||1163.14 I vai o meu amigo, / quer-me levar consigo||1163.17 I vai o meu amado, / quer-me levar de grado, / e sabor ei [da ribeira]||1169.11 U el-rei arma navio / eu, namorada, irei / pera levar a virgo||1169.15 U el-rei arma o barco / eu, namorada, irei / pera levar a d’algo||1177.3 ca me vou eu e non levo d’aqui / o meu coraçon||1265.3 ca levou sigo o meu coraçon / e quanto ben oj’eu [e]no mund’ei||1265.5 se o el-rei sigo non levasse, / mui ben creo que migo ficasse||1315.4 o amor que eu levei de Santiago a Lugo / esse me adug’, e esse mi adugo||1320.13 mais levará, per quant’oi, / quen lh’o dereito sosterra?||1322.5 ca, se vou i e lev’o meu vogado, / sempre me diz que está embargado / de tal guisa que me non pod’oir||1385.8 Levad’o mour’e ide-vos d’aqui||1393.17 cambou-lh’o olho que d’aqui levou / e disse-lhi que era de çafi||1404.1 O demo m’ouvera oj’a levar / a ũa porta d’un cavaleiro / por saber novas||1412.1 Non levava nen dinheiro / ogan’...||1446.6 est’é cousa certa, / ca diz que se quer ir e, per u for, / levará cabeça descuberta||1446.11 e diz que pode, per u for, levar / sempr’a cabeça ben descuberta||1500.11 non vos ar lev’atras vosso pecado, / pois vos el-rei meteu en tal poder||1565.2 O que veer quiser, ai cavaleiro, / Maria Perez, leve algun dinheiro||1565.5 Quen a veer quiser ao serão, / Maria Perez, lev’alg’en sa mão||1565.8 Tod’ome que a ir queira veer suso, / Maria Perez, lev’algo de juso||1587.10 non ven a el ome con maloutia / de que non leve o máis que poder||1601.6 mais ora quer ir mouros guerrejar / e quer consig[o] a velha levar||1626.4 o[u] [de] pran essa cabeça non é / a que vós antano, per bõa fe, / levastes quando fomos a Geen
4. v. tr. 'usar como indumentaria, accesorio ou ornamento; vestir'
481.21 e quant’el[e] foi levar e vistir||1360.9 Maa sela levades, / por que a non atades?||1512.17 e vós querredes a capa levar||1615.16 Mui ben vos semelharán, / ca sequer levan cordões / de senhos pares de colhões
5. v. tr. 'tomar para si, ficar con'
578.7 ca demo lev’essa ren que eu der / por enfinta fazer o mentiral / de min||918.10 E, se el-rei fos[s]e ben conselhado, / maestr’Acenço, daquestes dinheiros / que lh’o demo leva nos cavaleiros, / parti-los-ia vosco, per meu grado||988.5 por destroirdes este mund’assi / que a melhor dona que era i / nen ouve nunca, ..., / levastes end’? ...||988.19 pois non leixou i / nen un conort[o] e levou d’aqui / a bõa Rainha||989.22 Mais, u Deus pera sí levar / quis o bon rei i, log’enton / se nembrou de nós||989.27 e ben nos cobrou, / ca, se nos bon senhor levou, / mui bon senhor nos foi leixar||989.29 E Deus bon senhor nos levou||991.23 E a Don Telo Deus xo amou / pera sí e xo quis levar||1051.10 Deus me leixe dereito dela aver, / ca o levou de min sen meu prazer / e ora ten que o levará assi||1552.21 ca demo lev’a prol que xi lh’én ata||1561.15 mais avia-lhas o dem’a levar, / pois se per [a]tal cajon perderon
6. v. tr. 'arrebatar, quitar, furtar, roubar'
450.1 Levaran a Codorniz / de casa de Don Rodrigo||483.23 todo polos cantares del levar, / come o que oj’anda arrufado||878.11 ca non leixan [e]spital nen egleja, / romeu nen dona nen omen fidalgo / nen omen d’orden, por bõo que seja, / que non desonren por levar del algo||1051.9 Deus me leixe dereito dela aver, / ca o levou de min sen meu prazer||1162.7 Que coit’ouv’ora el-rei de me levar / quanto ben avia nen ei d’aver?||1331.14 E, pois el, aas primeiras, / quer de mí levar o meu / come engador judeu||1357.6 a gran traiçon a matou, / que lhi no Janeiro talhou / brial e lh’o manto levou||1525.3 como leva quant’avemos / de nós Balteira per arte||1554.9 Esta mũa pod’el provar por sua, / que a non pod’ome dele levar / pelo dereito se a non forçar||1556.6 ũ[u] rapaz que era seu criado / levou-lh’o rocin e leixou-lh’a mua||1556.7 Se el a mũa quisesse levar / a Joan Bol’e o rocin leixar, / non lhi pesara tant’, ...||1556.13 Aquel rapaz que lh’o rocin levou||1556.14 Aquel rapaz que lh’o rocin levou, / se lhi levass’a mua que ficou / a Joan Bolo, como se queixou / non se queixar’andando pela rua||1644.20 e do salmon que ora vi, / ante que xo leven d’ali, / vai-m’ũa peixota comprar||1678.9 [E] conselha-me mia senhor / como se ouvess’a levar / de min algo, pois mi-o achar
7. v. tr. 'recibir, conseguir'
234.10 – Quen ben serve sen[h]or sofre gran mal / e grande afan e mil coitas sen par, / onde devia bon grado a levar, / se mesura da sa sen[h]or non fal||381.13 porque vós levades leva / das outras en melhoria||458.3 Pois que or[a] os panos da mia reposte toma, / que levass’el os cabos e dess’a mí a soma||459.7 e des i pera meu corpo levarei ta[l] guisamento / que nunca en nen un tempo trouxo tal Pero Sarmento||486.15 E por leva-la quitaçon dobrada / se [me] queixou||486.21 mais tant’á el de quitaçon sabor / que a nega, pero xa leva dobrada||492.7 O que levou os dinheiros / e non troux’os cavaleiros||769.6 a leva do parecer da voda, / per boa fe, eu mi-a levo toda||882.10 ca sempr’amor per ben se quer levar / o pequeno e o grande e o maior||895.3 ca, pois omen ben serv’a bon senhor, / bon galardon devedes a levar||1336.12 certa resposta deve a levar / de vós, senhor||1419.14 por esta razon / canta el mal, mais atal don / ben dev’el de vós a levar||1428.6 por end’o don que t’ei dado / quer’ora de ti levar||1527.4 mais, por Deus, mandad’ora justiçar / por end’aquel que os couces levou||1527.20 taes mil couces lev’ora d’aqui / que diga pois: «Con meu dereito vou!»||1544.10 Teen que o non sab’el-rei, / que Amor aqui non chegou, / que tant’ogano del levou / e non vẽo||1656.10 nen s’ar tem’el de nulha ren doada / que eu del lev’a todo seu poder
8. v. tr. 'desfrutar, gozar'
1646.10 tan bõa sesta non levei, / des aquel dia en que naci
9. v. tr. 'sofrer, soportar, aturar'
13.18 mal dia non morri enton, / ante que tal coita levar / qual levo||13.19 mal dia non morri enton, / ante que tal coita levar / qual levo||13.20 ante que tal coita levar / qual levo, e nunca vi maior / qual levo||14.6 pola ira en que mi andades / tan graves dias levei||34.2 O gran cuidad’e o afan sobejo / que mi a mí faz a mia senhor levar||40.8 Podera-m’eu de grand’afan guardar / e de gran coita, que depois levei||60.23 ben poderedes log’osmar / ca me non fazedes levar / coita que eu possa sofrer||65.21 nulha cousa non me pode guardar / d’aquesta cuita, que levo, levar / se eu de vós algun ben non ouver||65.21 nulha cousa non me pode guardar / d’aquesta cuita, que levo, levar / se eu de vós algun ben non ouver||75.8 E creede que a min é / este mal, que me vós levar / fazedes, de mia morte par||92.14 e de provar / se me queria consentir / quan pouco quer sol de mi oir / a cuita que me faz levar||97.23 E mia senhor non sabe qual / x’é esta coita que eu levei / por ela des que a amei||109.9 ca non vós, senhor, por que eu tant’afan levei||112.13 Por quanta coita por ela levei / e quant’afan sofri e endurei||116.25 pois tanto mal me fazedes levar||121.18 Como morreu quen amou tal / dona que lhe nunca fez ben / e quen a viu levar a quen / a non valia nen a val, / ai mia senhor, assi moir’eu!||131.5 ei gran pavor de me fazer levar / coit’alongadament’...||141.14 E des que mi Amor non fezer / a coita que levo levar, / Deus, nunca por outro pesar / averei sabor de morrer||141.14 E des que mi Amor non fezer / a coita que levo levar, / Deus, nunca por outro pesar / averei sabor de morrer||146.6 e valha-me, fremosa mia senhor, / coita que levo por vós, e pavor||156.18 se mi vós non fazedes ben, / por quanto mal por vós levei, / ja eu viver non poderei||168.15 ca non poss’eu máis endurar / o mal que mi amor faz levar||190.15 Pero, senhor, nunca vos eu ousei / de mia coita nulha ren ementar / que mi a min fez o voss’amor levar||211.6 log’entendi / que por ela ensandecer / me ve[e]rian e levar / grandes coitas e padecer||211.18 que podess’eu sofrer mui ben / as grandes coitas que levei / por ela eno coraço[n]||235.4 quando a eu veer / podia e lhe podera dizer / muitas coitas que por ela levei?||235.13 e, pero nunca lh’ousei dizer ren / de quantas coitas levei||255.8 Por quanta coita, ben de-la sazon / que vos eu vi, sempre por vós levei||261.4 nen mui gran coita que por vós levei / des que vos vi||293.16 atanto fazedes a min levar / maior coidado no meu coraçon / en desejar o ben que vos Deus deu||293.21 e, mia senhor, atanto lhi rog’eu / que veja[des] qual torto me fazedes / de me fazerdes tal coita levar||298.14 Quanta coita e quant’afan / m’ela no mundo faz levar / ben lhe cuid’eu dizer de pran||321.2 Non me queredes vós, senhor, creer / a coita que me fazedes levar||321.8 E non mi creedes qual coita sofri / sempre por vós nen quant’afan levei||332.16 por me fazer maior coita levar||358.28 ca nunca foi quen tal coita levasse / com’eu levo nen foi quen s’end’osmasse||358.29 ca nunca foi quen tal coita levasse / com’eu levo nen foi quen s’end’osmasse||364.8 E, se Deus ouvo gran prazer / de me fazer coita levar||372.6 que sábian todos o mui grand’amor / e a gran coita que levo, senhor, / por vós||374.16 mais eu, que mal dia fui nado, / ouvi a levar aquesto da melhor / das que Deus fezo||376.8 per esso me fezestes ben / sempre levar assaz d’afan / por vós, mia sen[h]or||381.15 por én son eu o que leva / por vós coitas noit’e dia||387.16 – Mia senhor, ..., / nembre-vos quant’afan levei / por vós||398.15 [A]i, que de coita levei en Faria!||405.3 quand’a mia senhor podia falar / na mui gran coita que me fez levar / Nostro Senhor||433.12 ca de morrer por vós ei gran pavor / da coita que me fazedes levar||442.8 – Senhor fremosa, muito mal levei / sofrendo tempo||447.14 E sab’este meu coraçon / que por vós muito mal levou / des que vos vi||500.6 a quen direi / quan muito mal [lev’e] levei / por vós senon a vós, senhor?||500.6 por Deus Senhor, a quen direi / quan muito mal [lev’e] levei / por vós senon a vós, senhor?||508.2 Tan muito mal mi fazedes, senhor, / e tanta coita e afan levar / e tanto me vejo coitad’andar||508.8 e levo tanto mal / que vos non posso nen sei dizer qual||508.14 Tan muit’é o mal que mi por vós ven / e tanta coita lev’e tant’afan / que morrerei con tanto mal de pran||515.12 se soubessedes quanto mal levei / e quanta coita, des que vos amei, / por vós||525.15 e non ei de cuidar / en quanto mal mi fazedes levar||541.6 sei eu ben que non / an tan gran coita no seu coraçon / qual m’eu por mia senhor vejo levar||543.1 De muitas coitas, senhor, que levei / des que vos soubi mui gran ben querer||543.7 Tantas coitas levei e padeci, / des que vos vi, que non poss’oj’osmar / end’a maior||546.8 Tal coita mi dá voss’amor / e faz-me levar tanto mal||552.15 e sabedes quanta coita passei / por vós e quanto mal lev’e levei||552.15 e sabedes quanta coita passei / por vós e quanto mal lev’e levei||553.12 Nunca vos ousei a contar / mal que mi fazedes levar, / senhor deste meu coraçon||555.7 E, pois do mal que én levei / muit’á vós sodes sabedor||556.2 Senhor, que mal vos nembrades / de quanto mal por vós levei / e levo||556.3 Senhor, que mal vos nembrades / de quanto mal por vós levei / e levo||658.7 Por quanta coita el por mí levou / non lhi poss’al fazer||697.13 e por quanta coita por mí levou / farei-lh’eu est’e quanto m’al rogar||812.21 que des i / me faz por vós muitas coitas levar||854.15 E da gran coita que me faz levar / pesar-lh’-á end’e de que ando sandeu / por ela||875.3 e quantas coitas por ela levei / e quant’afan sofro por seu amor||886.23 E tod’aquest’eu padeci, / ca mui gran coita per-levei||899.15 pero quen tanto mal levou / com’eu levei, e tant’afan, / a nembrar-lh’avia de pran||899.16 pero quen tanto mal levou / com’eu levei, e tant’afan||926.3 e con tal coita com’aqui levei / e lev’, eno iferno ei de morar / por vós, senhor||926.4 e con tal coita com’aqui levei / e lev’, eno iferno ei de morar / por vós, senhor||946.3 Tan grave m’é, senhor, que morrerei, / a mui gran coita que, per boa fe, / levo por vós||984.13 E quanto mal eu por ela levei / ora mi-o cobrarei se Deus quiser||994.2 Pouco vos nembra, mia senhor, / quant’afan eu por vós levei / e quanta coita por vós ei||997.14 E, meus amigos, mal dia naci / con tanta coita que sempr’eu levei||1059.3 por muito mal que eu lev’e levei / por vós||1059.3 por muito mal que eu lev’e levei / por vós||1066.4 u eu por ela tal coita levar, / a qual me non saberei conselhar||1099.4 tan muito levar d’afan e de mal / que morrerei [por én], u non jaz al||1099.6 tan muito levar d’afan e de mal / que morrerei [por én], ..., / quand’eu ante máis ca todos levava||1105.14 ca nunca eu tamanha coita vi / levar a outr’ome, per bõa fe, / com’eu levo||1105.15 ca nunca eu tamanha coita vi / levar a outr’ome, per bõa fe, / com’eu levo||1226.3 – Amiga, vistes amigo / d’amiga que tant’amass’e / que tanta coita levasse / quanta leva meu amigo?||1226.4 – Amiga, vistes amigo / d’amiga que tant’amass’e / que tanta coita levasse / quanta leva meu amigo?||1264.6 doede-vos vós do meu mal, / que por vós lev’e non por al||1303.7 Por ve[e]-lo namorado, que por mí gran mal levou, / treides con mig’, ai irmana||1312.1 Senhor, por que eu tant’afan levei, / gran sazon á, por Deus, que vos non vi||1312.7 A minha coita, par Deus, non á par, / que por vós levo sempr’e levarei||1312.7 A minha coita, par Deus, non á par, / que por vós levo sempr’e levarei||1494.9 E tan mal dia vosco, tant’afan / e tanta coita convosc’á levar||1528.24 des i mal levou / sobre sí quanto se fez en Jaen / e en Eixares, u se fez muito mal

levar adeante 'conseguir'
1587.27 E non sabemos, de-los tempos d’ante, / tan bõo meestre, pois aqui chegou, / que tan ben leve seu preç’adeant[e] / per maestrias grandes que usou
levar o caminho 'andar, camiñar, seguir unha dirección'
865.25 Par Deus, / muito levade-lo caminh’errado

(o) demo leve + CD!
Esta expresión, de carácter enfático e coloquial, é utilizada para lle tirar importancia ao expresado polo complemento directo
175.31 demo xo lev’o que lh’al nembrará!||768.6 Demo lev’o conselho que á de sí!||1609.20 demo lev’a guar[i]da que lh’eu sei, / ergo se guarir per alcaiotar||1659.6 demo lev’o torto que faz / a gran puta desse foder
502.5 o demo lev’a ren que lh’eu falei / de quanto lh’ante cuidar’a dizer!||1250.18 o demo lev’o poder que end’ei||1432.18 [o] demo lev’esso que teu criia||1509.24 mais lev’o demo quant’én tragia!||1517.14 O demo lev’o que m’én dá!||1569.14 O demo lev’o que vós i perdedes!||1652.17 o demo lev’o que lhi val / sa requeza

◆ IPr.: P1 levo, P3 leva, P5 levades, P6 levan||ICp.: P1 levava, P3 levava, P6 levavan||IPt.: P1 levei, P3 levou, P5 levastes, P6 levaron||IAp.: P6 levaran||IFt.: P1 levarei, P3 levará||IPp.: P1 levaria||SPr.: P3 leve, P6 leven||SPt.: P3 levasse||SFt.: P1 levar, P3 levar||Imp.: P5 levade
[últ. rev.: 02/04/2018]