Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do M
maneira s. f. 'maneira, modo, forma, xeito'
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
866.12 e log’ali d’amores vou trobando / e faço cantares e[n] mil maneiras||1392.10 nulh’ome non sei con que ben estedes, / pero mui boas maneiras ajades||1429.3 e direi-vos com’e de qual maneira: / ...||1489.49 trag’ũa osa e ũa geolheira, / estrebeirando vai de mui gran maneira

daquesta maneira loc. adv. mod. 'desta maneira, así'
1400.10 E disse-m’ela daquesta maneira / com’eu a vós direi
en tal maneira loc. adv. mod. 'en tal maneira, así'
1647.16 que ũa cousa senlheira / podesse seer [tan] cara / e rafez en tal maneira
per nulha maneira loc. adv. mod. 'de ningún modo'
479.5 «Se [a] ben queredes fazer, / de tal midida a devedes a colher / e non meor, per nulha maneira»||1182.4 e quant’eu posso peç’a luz a Deus / e non mi-a dá per nulha maneira||1479.10 ca non pode provar / que me lhe oisse nulh’omen chamar / senon seu nome, per nulha maneira

en maneira de loc. prep. 'a modo de, en maneira de'
537.1 Quer’eu en maneira de proençal / fazer agora un cantar d’amor||1336.3 e dizer-vos, en maneira de fronta, / que vos serviu come leal servente
[últ. rev.: 25/04/2017]