Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
natural1 adx.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. 'conterráneo/a, nacido/a na terra, morador/a'
81.12 porque me faz partir d’aquen, / ond’eu sõo mui natural||114.20 diz que é [un] judeu pastor, / natural de Rocamador||480.12 e d’Azeved’ar é mui natural, / u jaz seu padr’e sa madr’outro tal||1100.34 e, pois for a romaria acabada, / aqui, d’u sõo natural, do Sar||1545.19 Quand’ora diz que me ferra / porque falei en Portugal, / onde mi sõ[o] natural||1671.5 mais ben sei / de mí que bispo non achei / de Conca, des que eu naci, / que d’ala fosse natural
2. 'conforme á natureza, normal'
146.13 e non tenh’eu que é torto nen mal / d’amar ome sa senhor natural, / ant’é dereito||485.15 por ende non é trobar natural, / pois que o del e do dem’aprendestes||925.15 Todo senhor, demais Rei natural, / dev’os vassalos de mort’a partir
3. 'lexítimo/a, legal'
1538.11 mais por que non fiz (...) / un filho vosso natural, / que achasse conselh’en vós?
4. 'ligado/a por lazos familiares'
1592.4 Fernan Gil teve-se por desonrado, / ca o rapaz é mui seu natural
[últ. rev.: 25/04/2017]