Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do P
parar ~ aparar v.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. v. tr. 'parar, deter'
760.4 ora vos par’e vos digo / ca nunca ja esse [preito] / mig’, amigo, sera feito||1313.2 mui pouc’o parei / e preguntei-o por que
2. v. tr. 'preparar, arranxar, dispor'
148.20 nunca por én serei desafiado / nen pararei mia natura peior||885.9 se o parardes en lezer, / ja mia vida pouco sera!||1329.18 e por parardes milhor a conquista / outorgad’ora, ..., / ..., / que o poedes tod’o voss’à vista||1635.15 non pararian os do [E]spital / de melhor mente a lide nen besonha
1589.18 E, se eu ensinado vou / des i, senhor, deste mester / de foder e foder souber / per vós, que me Deus aparou, / cada que per-foder, direi / Pater Noster||1665.10 Endõado, ben poderá aver / Peixota quen a quisesse filhar, / ca non a vi a nulh’ome aparar
3. v. pr. 'pararse, deterse'
Nesta acepción pode rexer a preposición de
934.13 Nunca vos máis paredes ante min / se vos en algũa sazon d’ala / con meus desejos veerdes aca
867b.18 u se pararon de trobar / trob’eu
4. v. pr. 'prepararse, dispoñerse'
Nesta acepción pode rexer a preposición de
270.8 ca non fora tan gran cousa dizer / se se mi a min ben ouvess’a parar / a mia fazenda||1334.16 El diz do mouro que sabe que ten o / seu coraçon en se parar a feito
1334.4 e diz que, pero parece menin[h]o, / que parar-se quer a tod’alvoroço||1334.10 sab’el do mouro que ome comprido / é pera parar-s’a todo ruido
5. v. pr. 'resultar'
1536.12 verdad’é que ja / non pod’aver el (assi se parou)||1636.18 porque an pavor / d’aver sobre-lo seu vosco entençon / e xe lhis parar outr’ano peior

parar mentes 'prestar atención, reparar en, observar'
486.4 mais, des que oi ben sas razões / [e] ena conta foi mentes parando, / logo tenho i que non dissera ren / e era ja quite de todo ben||880.2 Amigos, cuid’eu que Nostro Senhor / non quer no mundo ja mentes parar
parar sinal 'notificar xudicialmente'
485.1 Pero da Ponte, paro-vos sinal / per ante o demo do fogo infernal

◆ IPr.: P1 paro||IPt.: P1 parei, P3 parou ~ aparou, P6 pararon||IFt.: P1 pararei||IPp.: P6 pararian||SPr.: P5 paredes||SFt.: P3 parar, P5 parardes||Inf.: P5 parardes||Xer.: parando
[últ. rev.: 26/05/2017]