p

Glosario

Voces do P
[últ. rev.: 21/10/2023]ImprimirAlternar visualización dos exemplos
parte s. f.
1. 'parte, porción (nun reparto), fracción'
480.8 e da outra parte ven dos d’Escobar / e de Campos, mais non dos de Cizneiros||878.4 e cada parte vejo avolver guerra / e fazer mal con mengua de justiça||1195.3 de vós, amig’, ũa parte mi faz, / e faz-m’outra de quant’á e de sí||1195.8 de vós mi faz [i] ũa parte ja, / e faz-m’outra de sí e de quant’á / e de quantos outros parentes ei||1195.19 De vós me faz ũa parte, ai senhor / e meu amig’e meu lum’e meu ben||1448.7 de cada part’espeçada / foi toda pela Meestra||1487.12 con gran perda do que ei guaanhado / ou da maior parte do que ouver / per ventura ou do corpo ou da molher||1586.18 e comprar-vos-an / todos del parte como eu comprei||1665.16 E, se de min quiserdes aprender / qual part’á de cima en esta sazon, / non á i, se lhis [a]ven i, salmon
2. 'sitio, lado, lugar'
1472.20 pero non quedarán de vos ferir / de todas partes||1621.8 E noutra parte tolheu mias naturas / en que eu soia a guarecer
3. 'capítulo e/ou libro (prob. do ámbito xurídico)'
1508.21 se de noite vos foder o peon, / contra qual parte o demandaredes?||1610.3 e non leeu el nas partes / que chegasse a ũu mes

nulha parte 'nada'. Cf. nulha cousa, nulha ren
695.4 e, quant’eu de vós conhosco, / nulha parte non sabedes / de quan muito mal, amigo, / sofro se falardes migo||1092.31 esmoresco mil vezes, e non sei, / per bõa fe, nulha parte de min

aver parte 'participar, compartir, acompañar'
Rexe as preposicións de, con (incluída tamén en sigo, do lat. secum) e en, ao tempo que pode aparecer o substantivo antecipado ou sobreentendido
556.6 mais Deus vos leixe part’aver / da mui gran coita que mi dades||556.8-9 E, se Deus quer que ajades / parte da mia coita, ben sei
1241.4 mais nunca Deus aja parte comigo / se vos eu des aqui non dou razon / per que façades cantigas d’amigo||1432.10 e quen tan gran parte ouvesse sigo / en trobar com’eu ei||1432.11 e quen tan gran parte ouvesse sigo / en trobar com’eu ei
1653.28 alguen vos sospeitará / que no filho part’avedes
non saber parte nen mandado / nen saber parte nen mandado 'non saber que facer, non estar no xuízo, ignorar absolutamente'
Rexe a preposición de
1397.17 ca non sabe parte nen mandado / de tal justiça fazer qual eu vi||1643.17 logar achou qual avia mester, / u non sabera parte nen mandado / de nulh’ome se d’alhur non veer
544.14 nen er sei de min parte nen mandado||1281.10 que non dorme nen á [o] sén consigo / nen sabe de sí parte nen mandado
saber parte 'ter coñecemento de algo'
Rexe a preposición de
263.8 Non ar soube parte d’afan / nen de gran coita nulla ren / o que non sofreu est’afan||395.8 E esta coita’n que eu viv’assi / nunca én parte soube mia sen[n]or||672.1 Tanto sei eu de mí parte quant’é de meu coraçon||672.10 De min nen de mia fazenda non poss’eu parte saber||1525.2 De qual engano prendemos / aqui non sab’el-rei parte

a de parte loc. adv. lug. 'á parte, a un lado'
876.17 e ũu rapaz tinhoso, que a de part’estava, / chamava minha nana «velha fududancua»||1586.7 fazed’ora (...) / ũa soldada polo meu amor / a de parte, ca non ei máis mester

de parte de loc. prep. 'de (indicando procedencia)'
1470a.12 e nunca poder fillar i / consello nen o atender / de parte do mund’...||1470b.19 e nunca poder filhar i / conselho nen o atender / de parte do mund’;...