Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do P
partir v.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. v. tr. e intr. 'repartir, dividir, distribuír (herdanza, territorio etc.)'
148.16 e veeredes meus filhos andar / netos de G[u]ed’e partir en Sousela!||918.11 daquestes dinheiros / que lh’o demo leva nos cavaleiros, / parti-los-ia vosco||1045.3 e partide as doas que vos el dara||1045.9 – Disseron-mi ora, ..., / que vos trage dõas de Portugal, / e, amiga, non as partades mal||1045.15 e partid’as dõas que trage ben||1101.5 mais fui de malaventura / porque con el non parti||1195.1 Partir quer migo mia madr’oj’aqui / quant’á no mundo||1195.7 Partir quer migo como vos direi||1195.13 E de qual guisa migo partir quer, / a partiçon, ai meu amig’, é tal: / ...||1195.25 E, poi-lo ela part’a meu prazer, / en vós quer’eu, meu amig’, escolher||1384.8 Escasso foi o infançon / en seus couces partir en don||1447.11 Os que trabalhan de servir / el-rei por tirar galardon / (...), / logo punhan de lho parti[r]||1498.19 pois que s’agora o reino partiu, / prazer pois nunca Don Estevan viu||1521.1 Don Foan disse que partir queria / quanto lhi deron e o que avia||1547.24 assi partides migo quant’avedes?||1576.4 Ja máis nunca quedamos, andando vias, / por partir comendas e benfeitorias
2. v. tr. 'apartar, afastar, pór de lado, deixar de'
En xeral rexe a preposición de (ou én ~ ende, onde)
503.18 este mal non poss’eu partir||554.8 Podedes-mi partir gran mal / e graves coitas que eu ei / por vós, mia senhor||554.17 Graves coitas e grand’afan / mi podedes, se vos prouguer, / partir mui ben, senhor||575.8 Diz que oje, tercer dia, / ben lhi partirades morte||595.14 Naci en forte ponto, / e, amigo, partide / o meu gran mal sen conto||627.9 E, pois Amor en tal guisa me ten / en seu poder que defensa non ei / de partir morte||635.1 Por partir pesar que [eu] sempre vi / a mia senhor aver do mui gran ben / que lh’eu quero||635.15 cuidand’a ela tal pesar partir||638.11 e non me quer Deus dar / de o partir nen un sén nen poder||638.16 podendo Deus tod’este mal partir / per mia morte, que non quer consentir||874.9 e aquesto lhes faço por partir perfia||965.7 Pero que ome part’o coraçon / das cousas que ama, per bõa fe||1214.6 mais quero-m’eu esta morte partir||1231.19 ca nunca nos partirán ja, / se non per morte nos poden partir||1231.20 ca nunca nos partirán ja, / se non per morte nos poden partir
18.18 pero, senhor, ren non vos val, / que nunca eu de vós parti / meu coraçon||18.20 nen ja nunca o partirei / d’amar-vos||20.10 pois eu de vós os meus olhos partir / e vos non vir u vos soia veer||25.17 e nunca cuidei / en me partir de vós||27.6 pois ora non ei poder d’ir / i nen poss’én meu cor partir||32.11 onde cuid’a dizer / mal e onde me quer partir||46.33 ca non ei eu a vós fogir / nen outra senhor filharei / que me de vós possa én partir||51.3 porque me parte d’u eu ei / prazer e sabor de guarir||94.17 de non poder dela partir / os meus olhos||96.23 Mais per qual guisa poderá / os seus olhos dela partir / ome coitado, poi-la vir?||106.13 se lhi non quis atal ventura dar / que o seu coraçon mui ben partisse / de vo-lhi nunca desejar, senhor||109.14 ca, des que os vejo, non poss’eu per ren os meus deles partir||109.15 nen meu coraçon nunca o de vós partirei||161.5 pois eu de vós os meus olhos partir / e os vossos mui fremosos non vir||203.23 e non poss’end’o coraçon partir / nen os olhos||251.14 mais non pod’ela por ende / o meu / coraçon partir do seu||253.9 pois que os partir Deus / de vós, senhor, que quero ben||340.5 ca, de pran, assi me ten en poder / que non poss’end’o coraçon partir||363.7 E, pois partir os olhos meus / de vós, que eu quero gran ben, / e vos non viren||388.2 U m’eu parti d’u m’eu parti, / log’eu parti aquestes meus / olhos de veer||396.14 nunca én ja os olhos partiria||423.7 ca ben me pode partir da maior / coita de quantas eu oi falar||440.5 todos dizen que filh’outra senhor / e [que] punh’en partir o coraçon / de vos amar||440.11 e que me punhe mui ben de partir / de vos amar||464.25 e por ende per ren partir / de vos muit’amar non posso / nen farei||554.2 Ben me podedes vós, senhor, / partir deste meu coraçon / graves coitas||562.8 Non pudi nunca partir de chorar / estes meus olhos||562.13 que non podess’o coraçon des i / partir d’en vós cuidar||640.14 e que nunca de sí pode partir / esta coita||685.4 Saberedes que non ei én poder / de viver, pois vos partides de mí||716.5 e non poss’end’eu os olhos partir?||751.1 Por Deus, amiga, punhad’en partir / o meu amigo de mi querer ben||797.9 e non poss[o] end’eu partir / o coraçon||817.7 senon cuidar como mi faz Deus mal / en me partir de nunca ja saber / vosso mandado||855.2 que non posso partir / meu coraçon de vos gran ben querer||882.19 ca non poss’end’o coraçon partir||910.5 ca nunca os ei a partir / de chorar u vos eu non vir||910.25 nen os poderei eu partir / de chorar u vos eu non vir||911.21 nunca m’ende pode partir / que o ben non aja a dizer: / ...||925.16 Todo senhor, demais Rei natural, / dev’os vassalos de mort’a partir||965.3 e vej’as gentes partir de fazer / ben que soian (tal tempo nos ven!)||977.20 nunca de min parte o seu coraçon, / mais non saben se me quer ben, se mal||1021.2 mais muit’á ja que vos vejo partir / de trobar por mí e de me servir||1033.2 Non ei eu poder d’o meu amigo / partir, amigas, de mi querer ben||1057.2 Senhor, non poss’eu ja per nulha ren / os meus olhos desses vossos partir||1057.13 [E] non poss’eu partir os olhos meus / desses vossos||1067.15 E, pois m’assi ten en poder Amor / que me non quer leixar per nulha ren / partir de vos ja sempre querer ben||1071.2 e des quand’eu ora de vós partir / os meus olhos non dormirán||1141.14 e, ao partir da fala, diria-lh’eu: ...||1153.4 poden-m’agora guardar, / mais non me partirán de o amar||1319.9 non na pode desta seita parti[r] / nen per meaças nen pe-la ferir||1425.20 nunca de vós devedes a partir / un ome que vos trag’acompanhado||1443.18 Demais o trobar de mí parti[rei]||1469.11 e veerei se me fara sequer / algũu ben, per que possa partir / mui grandes coitas do meu coraçon||1515.11 mais, poi-lo queres ja de ti partir, / ..., / Lourenço, nunca irás a logar / u tu non faças as gentes riir
3. v. tr. 'explicar'
377.10 e por én non sei ben partir / se me praza porque vos quero ben, / s[e mi ar pes én por quanto mal me ven]||512.10 Un tal ome sei [eu], aquest’oide, / que por vós morr[e], e vó-lo partide||1430.13 non vos pod’om’esto partir melhor||1430.19 e partistes-mi-o tan ben que m’é mal
4. v. tr. 'impedir, estorbar'
604.8 ca o partiu mia madr[e], a que pesou / daqueste preit’, e pesa||604.15 ca o partiu mia madr[e] e fez por én / que vos non viss’, amig’; ...||838.13 – Vós, amiga, non podedes partir / que non tenhan por cousa desigual / servir-vos sempr’e fazerdes-lhi mal||1153.14 Muito me poden guardar, / e non me partirán d[e] o amar||1244.5 e por rogo nen por mal nen por ben / sol non vos poss’esta ida partir||1333.8 Non no posso end’eu partir, / pero que o ja roguei, / que se non queix’ende al rei||1486.10 e foi por oir o sarmon, / e vedes que lho foi partir
5. v. tr. 'ordenar, dispor'
1228.16 mais a ventura no-lo part’assi||1329.8 Por én partid’este feito de cedo, / ca de mal dizer non tirades prol
6. v. pr. 'afastarse, separarse'
3.15 ca daquel dia en que m’eu parti / da mia sen[h]or e meu lume e meu ben||11.1 Sazon é ja de me partir / de mia senhor, ca ja temp’ei / que a servi||34.14 des quando m’eu parti de mia senhor||46.2 Grave dia naceu, senhor, / quen se de vós ouv’a partir||46.5 Como m’eu de vós partirei?||47.18 E veeredes qual amor / vos eu fazia, pois partir / me vin de vós||49.1 Vedes, senhor, u m’eu parti / de vós e vos depoi[s] non vi||49.10 U vos eu vi fremosa ir / e m’ouvi de vós a partir, / ali tenh’eu o coraçon||51.5 se m’eu da Marinha partir, / non poderei alhur guarir||81.7 e, mal / que me pes, a partir-m’ei én||81.8 E, ja que m’end’a partir ei, / esto pod’ela veer ben||84.1 Agora m’ei eu a partir / de mia senhor||84.8 E, pois me dela faz partir, / non lhe quero ja sofrer ren||91.10 des aquel dia que vos vi / d’outra gran coita me parti||94.24 e punharei de me partir / de quen me quiser preguntar / por mia senhor||103.17 e moir’eu, senhor, por me deles partir / [e] por en vós cuidar||108.24 mai[s] ora ja nunca me sera mal / por me partir delas e m’ir mia via||116.3 Cuidava-m’eu, quando non entendia / que mal sén era de vos ben querer, / senhor fremosa, que m’én partiria / atanto que o podess’entender||116.6 mais entend’ora que faç’i mal sén / de vos amar, pero non me part’én, / ante vos quero melhor toda via||126.21 pois estes, de que tal med’ei, / me non leixan de vós partir?||128.20 ca, se a vir, / fara-m’ela de sí partir / mui trist’e muit’a meu pesar||131.13 mais non me mata nen me quer guarir, / pero non m’ei del, pois viv’, a partir||134.14 e non me quer leixar / partir de vós nen de vos ben querer||136.4 e me por tan poderos’ora ten / de m’én partir||136.12 que me terrá mia morte por melhor / ca me partir de seu ben desejar||136.16 non m’ar terrá que m’eu possa per ren / dela partir enquant’eu vivo for||147.17 e nunca m’én parti / e cada vez mi foi peor||152.26 e, pois Amor non me leixa partir / da mia senhor nen daqueste logar||156.25 que faç’este mal sén, / onde me nunca partirei||159.21 des quando me de vós partir||196.3 u ést’a mui fremosa mia senhor, / de que m’eu triste chorando parti||201.3 que me non mate cedo vosso amor / se m’eu de vós partir, ai mia senhor||218.21 que El me guise como algũa vez / a veja ced’, u m’eu dela parti||224.3 senhor fremosa, nunca vi prazer / des quando m’eu de vós parti||227.5 e por aquela logo me parti / de quant’eu al no mundo desejava||241.2 que moiro porque me parti / de mia senhor mui fremosa||252.19 E nunca m’end’eu partirei, / ca non quer o meu coraçon / nen Deus||262.3 e, sen grad’, a partir / m’ei eu de vós e de vosco morar||288.1 Que sen meu grado m’oj’eu partirei / de vós, senhor, u me vos espedir!||288.3 Como partir-me de quanto ben ei||292.2 De-lo dia, ai amiga, / que nos nós de vós partimos, / fui-se nosco voss’amigo||310.16 mandasse-me partir / logo de sí e mandasse-m’end’ir||314.10 non lho peço nen querria melhor / de mi-a mostrar u m’eu dela parti||323.4 ca, pois que se dela partir, / sei eu mui ben que lhi verra / coita que par non avera||323.21 ca muitas vezes perdi [...] / [...] / cativo, porque m’én parti||325.7 E, quando m’eu da mia senhor parti, / non cuidava esse di’a chegar / viv’aa noite||344.1 Que sen meu grado me parti / de mia senhor e do meu ben||345.7 ca me jurou que nunca se ja de mí partisse||345.12 como m’ouve jurado / que nunca se partisse de mí sen meu mandado||363.2 Senhor, que grav’oj’a mí é / de me aver de vós a partir||365.6 por quanto pesar vi / des quando m’eu de vós parti / mui trist’, ...||370.8 se ante non morrera / ali u eu dela quitei os meus / olhos e me dela triste parti||403.5 de me partir de vós per nulha ren / e ir morar alhur sen vosso ben||403.19 E, quando m’eu de vós partir, por én / ou morrerei ou perderei o sén||404.1 Parti-m’eu de vós, mia senhor, / sen meu grad’ũa vez aqui||418.2 pois m’eu de vós a partir ei, / creede que non á en mí / senon mort’ou ensandecer||418.5 pois m’eu de vós a partir ei / e ir alhur sen vós viver||418.19 E logo, u m’eu de vós partir, / morrerei se mi Deus non val||445.1 [A]migos, des que me parti / de mia senhor e a non vi, / nunca fui ledo nen dormi||464.2 que, pois m’eu de vós partisse, / que nunca veeria sabor / de ren||516.1 Quant’á, senhor, que m’eu de vós parti, / atan muit’á que nunca vi prazer / nen pesar||516.8 E des que m’eu, senhor, per bõa fe, / de vós parti||516.14 des aquela vez / que m’eu de vós parti, no coraçon / nunca ar ouv’eu pesar, des enton, / nen prazer||564.30 «ja, / senhor, non se partirá / de vós, por cujo s’el ten»||634.19 des u me / partir de vós||644.3 des que vos de mí partistes, / tães ora que me vistes||686.8 Dizen-mi que filhastes senhor tal / per que vos cuidastes de min partir||711.7 Quando s’el de mí partia, / chorando, fez-mi tal preito||714.3 e fui eu i muit’errada / por quanto lhi foi sanhuda quando se de mí partia||720.14 ca, se faz que vós andades, / quando vos de mí partides, / gran tempo que non tornades||727.7 Pero vistes que chorava / quando se de min partia||751.7 Dizede-lh’ora que se parta ja / do meu amor, onde sempr’ouve mal||787.3 pesou-lhi muit’en se partir de mí||788.3 e ar dix’eu, pois m’én parti, atal||798.8 E, se non, Deus non mi perdon / se m’end’eu podesse partir||809.3 e ora me quero de vós partir / sen galardon de camanho temp’ei / que vos servi||817.13 en me partir de vosso parecer / e d’u soia convosc’a falar||829.9 E vistes u s’el partia / de mí mui sen o meu grado||840.5 ca el de vós nunca se partirá||840.16 E praza-vos, pois vosco quer andar / meu coraçon e nunca se part[ir] / de vós||849.19 e, quando m’eu dela ouver a partir, / todo [mi] filhe quanto x’ela vir / que dela ei||854.7 ja non / me pos[s]’end’eu per nulha ren partir||854.14 se morto non, nunca m’én partirei||880.14 e non se pode de morte partir||902.4 que, pois que m’eu de vós parti, / non cuidara tant’a viver / como vevi sen vos veer||905.18 ca me vos partira end’eu||907.14 De ja sempr’esta dona amar / per min non se pode partir||914.15 nen lhi cuid’a guarir / se de min non se quer partir||978.19 E de bon grado ja m’eu partiria / de vós, Amor, se ouvess’én lezer||983.1 Agora me part’eu mui sen meu grado / de quanto ben oje no mund’avia||998.4 veed’, amigos, como m’én parti||1023.8 Ela foi [mui] leda, poi-lo viu ir, / e eu mui triste, poi-lo vi partir / de mí||1033.5 e, quando lh’eu rogo muit’e digo / que se parta de mí tal ben querer, / tanto mi val come non lho dizer||1037.19 E, depois que s’el[e] de min partir, / tanto dórmia quanto quiser dormir||1084.14 Ouv’én tal coita, qual vos eu direi, / o dia que m’eu fui de vós partir||1085.13 Quando m’eu dela parti, log’enton / ouvi tal coita que perdi meu sén||1091.6 por ũa dona que por meu mal vi / mui fremosa e de que me parti / mui d’anvidos||1115.9 E, mia senhor, nunca cedo verrei / u vos veja des que m’ora partir / de vós, mia senhor, e vos eu non vir||1117.9 d’u ést’a mia senhor, parti||1122.7 E dissera-lh’eu, ante que se de min partisse, / que, ..., / ca se [perderia migo]||1125.5 ca me quero de vós partir, / mais non de vos querer gran ben||1125.11 e parta-m’end’agora assi, / mais non de vos gran ben querer||1125.13 Agora ja me partirei / de vós, senhor, que sempr’amei||1126.7 demais, aver-me de vós a partir!||1141.2 vedes como lh’eu diria ante que m’eu del partisse||1160.11 pois que vos vós queredes ir, / meu ami[g]’, e de mí partir||1176.9 que te non quiseste partir de min / atá que veo meu lum’e meu ben||1196.1 Non perdi eu, meu amigo, des que me de vós parti, / do meu coraçon gran coita nen gran pesar||1212.7 Quando s’el ouve de mí a partir, / chorou muito dos seus olhos enton||1222.14 Ouv’el gran coita no seu coraçon, / mias amigas, u se de min partiu||1229.16 ca non sei molher / que se del[e] possa partir per al / senon per esto que m’end’eu farei||1233.17 ca ja xo el provou / con quantas viu e achou-as partir / todas d’amor||1254.7 E, pois m’el foi a seu grado mentir, / des oimais me quer’eu d’amor partir||1255.2 Gran sazon á, meu amigo, / que vos vós de mí partistes / en Valong’...||1263.13 e fiz, por quanto m’én parti, / sandic’, ...||1265.8 O meu amig’e meu lum’e meu ben / non s’ouver’assi de mí a partir||1274.6 – Non o avera enquant’eu viver, / ca ja lhi diss’eu que se partiss’én||1285.3 por mui fremosa, que triste m’én parti||1345.13 ca me querra matar se m’én partir / esta gran coita que me nunca fal||1400.8 [E] dixi-lh’eu u me dela partia: / ...||1401.19 ca por aquesto se partiu del amor||1404.22 E dix’eu logo, pois m’én partia: / ...||1441.15 per como m’ele os panos mandou / u me partia del desconfortado||1474.5 e ela diz, por se de mal partir, / que, ..., / que non quer ja sen clerigo viver||1584.6 todos se dela con mal partirán||1598.3 que me non partiss’én de vós assi / como me parti ja, mão vazia||1598.4 que me non partiss’én de vós assi / como me parti ja, mão vazia||1649.9 Disse-mi u me del parti: / ...||1672.27 e as guardas non se queren partir / de vós
7. v. intr. e pr. 'marchar, irse'
81.11 que muita guerra lhe farei / porque me faz partir d’aquen||82.5 e quant’ali ei de sabor / se mi ar torna pois en pesar / des que m’eu part’, ...||108.7 u m’eu d’aqui partir, / con seus desejos non me veerán / chorar||108.14 pero das terras averei soidade, / de que m’ora ei a partir despagado||149.8 Se crevess’eu Martin Sira, / nunca m’eu d’ali partira||152.12 ca non / m’ei a partir d’aqui nulha sazon / aguardando que lhe possa falar||179.5 de que m’eu mui sen meu grado parti / e mui coitad’, e fui-s’ela sa via||196.5 e muit’anvidos e mui sen sabor / porque me disse que me partiss’én||201.15 non quer’eu ja provar de me partir / d’u fordes vós, ca faria mal sén||203.31 e choro muit’e ei-m’end’a partir, / e non vou i nen sei pera u ir||211.21 e provei-o e pois, quand’én / me quis partir, non foi sazon / de m’én partir||211.22 non foi sazon / de m’én partir, ca noutra ren / non pud’eu cuidar des enton||215.19 nen m’iria partir / d’u eu amasse outra molher / máis ca vós||258.21 pero non me poss’eu partir||292.7 Nunca tan leal amigo d’amiga vistes, amiga, / u nos partimos chorando||295.17 partir / non deveria con este pesar||313.4 e, u eu d’ir avia gran sabor / e me d’ali non podia partir, / chorei tan muito destes olhos meus||339.1 Oimais quer’eu punhar de me partir / daqueste mund’e farei gran razon||358.9 se s’acordasse / e acordado foss’en me partir / ante da terra||363.3 ca sei, de pran, pois m’eu partir, / que mi averra, per bõa fe||388.1 U m’eu parti d’u m’eu parti, / log’eu parti aquestes meus / olhos de veer||388.1 U m’eu parti d’u m’eu parti, / log’eu parti aquestes meus / olhos de veer||593.4 por end’a partir / mi conven daqueste logar||603.5 ca, pois que s’el ledo partiu d’aquen, / non pode seer senon por meu ben||638.5 e non / aver eu ja d’outra cousa sabor / senon da morte por partir||704.10 [E], ante que m’eu d’ali partisse, / fui pagada do que m’el[e] disse||717.8 e, pois vos partirdes / d’aqui, máis mui ben vingada / serei de vós||738.28 ca, se lh’eu perdoass’ali, / nunca s’el partira d’aqui||787.14 Mui ben vej’eu quan muito lhi pesou / a meu amig’en se d’aqui partir||789.8 quando s’el ouve d’aqui a partir||789.14 Do que vós vistes mui sen meu prazer / partir d’aqui||789.14 quando s’end’el partiu / e non me falou enton nen me viu||790.9 ca mi jurou que se non partisse / d’aqui, e foi-se sen meu mandado||817.2 – Amigo, que cuidades a fazer / quando vos ora partirdes d’aqui / e vos nembrar algũa vez de mí?||829.8 a meos de meu mandado, / nunca s’el d’aqui partira||905.4 e partira-m’end’eu log’i||905.11 e quisera-m’end’eu partir||931.15 non se m’espediu / quando se da terra partiu||934.5 pois vos eu tanto non posso dizer / que vos queirades, amigo, partir / de Sevi[lha]||962.3 vejo-a d’aqui partir / e fic’eu desemparado||965.1 Toda-las cousas eu vejo partir / do mund’en como soian seer||965.9 e parte-s’ome da terra ond’é||965.10 e parte-s’ome d’u [mui] gran prol ten||1012.13 Catei por vós quand’a partir / m’ouve d’aqui||1015.10 quer corvo seestro sempr’ao partir||1053.10 e, pois vos queredes d’aqui / partir, vedes que façades||1101.9 «Partir quero»||1107.7 maior coita ei / que ant’avia, senhor, porque m’ei / end’a partir||1107.13 maior coita ei / [que ant’avia, senhor, porque m’ei] / end’a partir||1107.19 [maior coita ei / que ant’avia, senhor, porque m’ei] / end’a partir, mia senhor||1125.9 nunca tamanho pesar vi / com’ei de me partir d’aqui||1125.17 e partir-m’-ei / de vós, mais non de vos amar||1125.17 que nunca vi maior pesar / de me partir||1142.8 ja m’eu leda partir non poderei / de Bonaval||1157.2 Filha, o que queredes ben / partiu-s’agora d’aquen / e non vos quiso veer||1198.5 anda cuidand’en se d’aqui partir, / e non s’atreve sen mí a guarir||1229.14 E dizede-lhi ca poder non ei / de me partir||1304.10 Ja jurei noutro dia, quando m’ende parti, / que non foss’a la ermida se ante non foss’i||1543.17 ouve an’e dia e quero-m’én partir||1641.8 U m’eu de Burgos parti, / log’a Deus m’encomendei||1648.6 e, tanto que se partiu do jantar, / trobou-lhi mal, nunca vistes peior
8. v. pr. 'acabar, deixar de, cesar nunha actividade'
84.3 Agora m’ei eu a partir / de mia senhor, e d’aver ben / me partirei, poi-la non vir||162.3 pois me mandou dizer / que me partisse de a ben querer||253.7 E partir-s’-an os olhos meus / de non veer de nulha ren / prazer||253.13 E partir-s’-á meu coraçon / de nunca d’al ren se pagar||253.15 e partir-s’-á én con razon / des quando vos eu non falar||331.19 Por tod’esto non me partirei eu / de vos servir [e vos chamar «senhor»]||349.16 e que mi assi coitado ten / que non poss’eu per niun sén / partir-me de lhe ben querer||433.19 Mais non me poss’ende, senhor, partir / quant’ei poder de mia morte fogir||434.8 E de morrer por vós, senhor, ben sei / que me non posso ja per ren partir||560.11 e partir-m’-ia de vos querer ben||724.11 Ca ja se lhe partio, / por que me as[s]i de mandado saio?||745.19 Oje se part’o coraçon!||821.15 E cuid’eu ben del que se non partisse / de trobar por mí sen mort’ou sen al||963.3 e conse[l]hou-me por én / que me partisse de lhi querer ben||965.5 mais non se pod’o coraçon partir / do meu amigo de mi querer ben||965.11 non se pode partir-lo coraçon / do meu amigo de min [querer ben]||1076.15 en cuidar non me partiria én / se poderia o melhor cuidar||1237.52 e parta-s’esta tençon per aqui||1237.54 – Joan Baveca, non tenho por mal / de se partir||1328.13 que ben ali u vós casar queredes / non se partirá que i non casedes||1453.13 Meu coraçon non se partiu, / pois vos viu, de vos muit’amar||1492.24 ca me non poss’un dia del partir / de mi dar golpe, ..., / d’un gran pao||1516.8 E, se se quisesse partir, / como se partiu do rascar, / d’un pouco que á de trobar||1516.9 E, se se quisesse partir, / como se partiu do rascar, / d’un pouco que á de trobar

◆ IPr.: P1 part(o), P3 parte, P5 partides||ICp.: P1 partia, P3 partia||IPt.: P1 parti, P3 partiu ~ partio, P4 partimos, P5 partistes||IAp.: P1 partira, P3 partira, P5 partirades||IFt.: P1 partirei, P3 partirá, P6 partirán||IPp.: P3 partiria||SPr.: P1 parta, P3 parta, P5 partades||SPt.: P1 partisse, P3 partisse||SFt.: P1 partir, P3 partir, P5 partirdes||Imp.: P5 partide
[últ. rev.: 28/02/2018]