Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do P
pouco1, pouca pron. cuant. indefinido (apreciativo) 'pouco/a'
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
11.21 e t[e]rran-mi-o por pouco sén||31.20 quan pouco proveito me ten / de vos dizer quan grand’amor / vos ei||271.2 Pelos meus olhos ouv’eu muito mal / e pesar tant’e tan pouco prazer / que me valvera máis non os aver / nen veer nunca mia senhor nen al||271.7 ca per eles ouv’eu mui pouco ben||492.20 O que meteu na taleiga / pouc’aver e muito meiga||537.13 e, des i, non lhi fez pouco de ben / quando non quis que lh’outra foss’igual||804.8 ca poucos son que sábian entender / quantos bẽes en vós á||988.9 Que pouc’ome, por én, prazer devia / este mundo, pois bondad’i non val / contra morrer!||1112.7 Á desejos e mui pouco prazer||1395.2 Fernand’Escalho vi eu cantar ben, / que poucos outros vi cantar melhor||1439.4 e deron-lhi linguados por milhoria, / que nunca vi tan poucos des que naci||1442.34 e vejo-t’ora mui gran loador / de pouco sé[n]||1473.3 por dinheiros poucos que lhi devia||1550.9 de mui melhor logar que infançon / nen ca ricome se mui poucos non||1624.4 e outra cousa lhe vejo fazer / que fazen outros poucos no reinado||1670.21 a capa velh’, Elvira, que ja ten / pouco cabelo, tan muito s’usou||1681.7 Per’Ordonhez, de semelhar rapaz / ou algun ome de pouco recado
490.3 en que s’apertan mui poucas vegadas||765.14 En pouca sazon / de parecer todas vençudas son||838.18 el quer sempr’oir / novas de pouca prol pera morrer||1007.20 E, se me a min Deus quisesse atender, / per boa fe, ũa pouca sazon||1048.6 ca, se souber com’eu por el morri, / sera mui pouca sa vida des i||1431.9 e mostrar-vo-lo-ei en poucas razões||1621.6 e eu non ei erdade de meu padre, / e ũa pouca, que foi de mia madre, / filhou-mi-a e fez-mi ũa pobra no seo||1621.11 e agora ei coitad’a viver / e non son poucas, par Deus, mias rancuras

esso pouco 'ese pouco tempo'
72.9 esso pouco que eu poder / viver no mundo, se quiser / Deus, assi viverei por én||214.5 e esso pouco que vosc’estever / entender ben, senhor, se vos disser / algũa ren||396.22 E esso pouco que ei de viver / vive-lo-ia a mui gran prazer||399.1 Esso mui pouco que oj’eu falei / con mia senhor gradeci-o a Deus||423.19 mais esso pouco que eu vivo for, / pois assi é, no’me quero queixar / deles||524.17 pois eu certo sei / que, esso pouco que ei de vive[r], / que nen un prazer nunca veerei||722.15 mais esso pouco que el vivo for / farei-vo-lh’eu o que m’el faz sentir
un pouco ~ ũu pouco 'algo'
Na maioría dos casos, un pouco equivale a ‘un pouco de tempo, algo de tempo’

281.8 catou-me un pouc’e teve-mi en desden||591.9 – Amiga, estad[e] ora calada / un pouco e leixad’a min dizer||901.15 Que ledo me fezera ja / quando s’Amor de min quitou / un pouco||969.19 – Mia senhor, falar-vos-ei / un pouco se mi ascuitardes||1038.15 El é por mí atan namorado / e meu amor o trag’assi louco / que se non pod’atender un pouco||1062.3 oid[e-m]’un pouc’e direi / o por que eu ante vós vin||1430.8 – Pois, Don Vaasc’, un pouco m’ascoitade
589.9 se os meus olhos vir un pouc’alçar||1385.19 se o quiserdes un pouc’emparar||1516.10 E, se se quisesse partir, / como se partiu do rascar, / d’un pouco que á de trobar, / poderia mui ben sair / de todo
1612.13 mais, sol que s’o meu cuu de sí pague / e poser ũu pouco d’alvaiade, / reveer-s’-á convosco no espelho

dar pouco 'considerar pouco, non lle dar importancia'. Cf. non dar ren
Rexe a preposición por
67.12 atal molher / que mui pouco ora por én||142.3 a coita que me por vós ven / e quan pouco dades por én||250.5 se soubess’el quan pouc’eu daria / por sa sanha, non s’as[s]anharia||1316.18 manden taes panos vender / por quan pouco por eles dan||1375.24 a[s] ũa[s] por que eu pouco daria, / pois mi dos outros fossen loados||1535.20 e as lazeiras per que passava, / andand[o] alo, tan pouco dava / por elas come se nunca fosse [i]

a pouca de sazon loc. adv. temp. 'de aí a pouco tempo'. Cf. en pouca de sazon
992.4 sei ca mia mort’oiredes / a mui pouca [de] sazon||1019.9 saberedes a pouca de sazon / que nunca disse de vós se ben non
en pouca de sazon loc. adv. temp. 'de aí a pouco tempo'. Cf. a pouca de sazon
1641.17 baratei ben, / ca en pouca de sazon / aque-m’un infançon ven
[últ. rev.: 19/05/2017]