Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do S
sacar v. tr.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. 'tirar para fóra do sitio en que está'
13.3 Que me non podesse forçar / cuidei eu de meu coraçon, / pois me sacara de prison, / e d’ir comego i tornar||491.28 assi a fode per arte e per sén / que saca dela o demo malvaz||1234.11 Sacade-me, madre, destas paredes, / e ve[e]rei meu amig’, ...||1234.21 Sacade-me, madre, destas prijões, / ca non avedes de que vos temer||1382.6 e, poi-lo ora assi viron andar, / non mi creades se o non sacar / contra alguen, que foi mal dia nado
2. 'librar de, salvar'
141.11 sacade-me de seu poder / e pois fazede-mi al que-quer||835.5 o que do mar meu amigo sacou / saque-o Deus de coitas||835.6 o que do mar meu amigo sacou / saque-o Deus de coitas||1528.28 e por én met’en escomunhon qual / xi quer meter, e qual quer saca én
3. 'exceptuar, excluír'
680.22 e non sacou ende morte nen al||1386.14 e, por veerdes ca vos quer gran ben, / non sacou ende mí, que a fodia

sacar a ben 'realizar, cumprir'
861.17 E, pois m’espertei, foi a Deus rogar / que me sacass’aqueste sonh’a ben
sacar d’erro 'desenganar'
1497.24 falou enton Don Soeiro por sacar seu filho d’erro
sacar de sén 'facer perder o xuízo, tolear'
1545.10 que me sacará de meu sén / e que verremos a máis én
sacar o coraçon 'enlevar, engaiolar, namorar'
1190.6 mais, como x’é mui trobador, / fez ũas lirias no son / que mi sacan o coraçon

◆ IPr.: P3 saca, P6 sacan||IPt.: P3 sacou||IAp.: P3 sacara||IFt.: P3 sacará||SPr.: P3 saque||SPt.: P3 sacass(e)||SFt.: P3 sacar||Imp.: P5 sacade
[últ. rev.: 25/04/2017]