Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do S
serviço s. m.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. 'exercicio de funcións obrigatorias, desempeño dun traballo'
918.15 E do serviço que lh’avedes feito, / maestr’Acenço, non vos enfadedes||1046.14 E el punhou muit[o] en me servir / e al rei nunca serviç’ora fez||1336.2 Dizen, senhor, que un vosso parente / vos ven fazer de seus serviços conta / e dizer-vos, en maneira de fronta, / que vos serviu come leal servente||1494.11 E tan mal dia vosco, tant’afan / e tanta coita convosc’á levar, / pois non avedes por om’a catar, / mal serviço faz om’en vós, de pran||1494.17 E, Don Estevã[o], pois sodes tan / sanhudo que non catades por quen / vos faz serviço, pois vos sanha ven, / os que vos serven non vos servirán||1526.1 Don Ansur, per qual serviço fazedes / al rei, ..., / nunca foi ome do vosso logar / que máis pojasse ca vós pojaredes
2. 'acto de servir á senhor, servizo amoroso'
66.23 non vos am’eu por vos ar desamar, / ..., mais por vos buscar / muito serviç’enquant’eu vivo for||123.13 e muito serviç’en mí ten / se eu poder, e poderei||160.15 Que ventura que me Deus deu, / que me fez amar tal molher / que meu serviço non me quer!||188.3 Por mui coitado per-tenh’eu / quen vai querer ben tal molher / que seu serviço non lhe quer / per nulha guisa gradecer||495.19 ca meu serviç’e meu amor / sera-vos d’escusar peior / que a min d’escusar viver||887.14 Am’e sirvo quanto posso / e praz-me de seer vosso, / e, sol que a mia senhor / non pesasse meu serviço, / Deus non me dess’outro viço||889.31 e servi-la quer’eu, / ca bon serviç’en ben s’encimará||974.19 Quando m’agora ren non dá, / que lhi non sei merecer mal / o meu serviç’, e non mi val, / cuid’eu, nunca mi ben fara||1173.14 E muito ben lhi deve Deus fazer / se co[n] meu serviço lhi prazer á||1468.18 e meu gran ben-querer / e meu serviço tod’é seu pesar||1470.27 e, senhor, preguntar-vos-ei, / por serviço que vos busquei, / se ei, por én, mort’a prender||1538.2 Mia senhor, ja eu morrerei / en vosso serviç’, ...

fazer serviço 'amar, servir'
24.22-23 pois me non val / contra vós serviço nen al / que vos faça||123.8-9 E sempre serviç’e amor / eu a meu linhagen farei||242.5-6 querrei-lhes fazer / serviço sempr’e querrei-as veer / sempr’u poder||409.23-24 Mais aqui é mester sabedor[ia] / máis ca esforç’en punhar d[e fazer] / a mia senhor serviço toda via||446.14 E sempr’eu cuidei no meu coraçon / de lhi fazer serviç’e me guardar / de ja máis nunca lhi fazer pesar||805.9 ca, des que morrer, non a veerei / nen bõo serviço nunca lhi farei?||805.19-20 ca nunca lhi tan ben posso fazer / serviço morto como se viver||974.3-4 A ren que mi a mí máis valer / devia contra mia senhor, / essa mi faz a mí peior / serviç’, e mui gran ben querer / e mui grand’omildade||1549.1 Assi and’eu por serviço que fiz / a senhor que me non quer fazer ben||1549.4-5 [e] sabe que i fiz / serviç’e non poss’aver seu amor||1598.5 vel por serviço muito que vos fiz, / que me non destes, com’or’omen diz, / sequer ũu soldo que ceass’un dia
[últ. rev.: 25/04/2017]