Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
tamanho, tamanha adx. 'tan grande, de igual dimensión'
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
141.4 tolhed’Amor de sobre mí / e non me leixedes assi / en tamanha coita viver||210.14 Pois me Deus tal ventura deu / que m’en tamanha coita ten / Amor, ja sempr’eu serei seu||228.4 e, pois aqui tamanha coita ei / u vos vejo, fremosa mia senhor, / que farei ja des que m’eu d’aqui for?||228.10 e, pois mi aqui tamanha coita ven / u vos vejo, fremosa mia senhor, / [que farei ja des que m’eu d’aqui for?]||228.13 E nunca eu tamanha coita vi / aver a ome, ..., / a qual oj’eu ei no meu coraçon / por vós||479.11 A Maior Moniz dei ja outra tamanha, / e foi-a ela colher logo sen sanha||527.5 pois tamanho temp’á que guareci / sen seu mandad’oir e a non vi||659.1 Que coita tamanha ei a sofrer / por amar amig’e non o veer!||659.4 Que coita tamanha ei endurar / por amar amig’e non lhi falar!||763.1 Amigas, tamanha coita / nunca sofri, pois foi nada||763.14 Sej’eu morrendo con coita, / tamanha coita me filha||774.2 e, pero m’el fez tamanho pesar, / fezestes-me-lh’, amigas, perdoar||1658.18 por seer cornud’alçado / en tamanho poderio||1668.7 Pois vos Deus deu tamanha valentia / de vos vingar||1668.16 pois vos én Deus deu tamanho poder, / oimais, tia, negra noite lhi dade

dous tamanho 'multiplicado por dous, duplicado, dobre'
1608.14 outra razon lhi cuid’eu a mover / de que aja dous tamanho pesar

tamanho ... como ~ tamanho ... come 'tan grande ... como'
218.16-17 E por tod’esto mal dia naci / porque lhe sei tamanho ben querer / como lh’eu quer’, ...||351.5-6 ante que vos eu visse, d’outra ren / sei que non vira tamanho prazer / como vej’ora [sol por] vos veer||594.2-3 tamanho ben me queredes / como vós a mí dizedes?||1105.13-15 ca nunca eu tamanha coita vi / levar a outr’ome, per bõa fe, / com’eu levo||1125.8-9 nunca tamanho pesar vi / com’ei de me partir d’aqui
1414.11-12 por én teen que tamanho perdon / non avedes come os que na frota / van

tamanho ... camanho 'tan grande ... como grande'
594.7-9 – Non creo que tamanho ben / mi vós podessedes querer / camanh’a mí ides dizer
tamanho ... qual 'tan grande ... cal'
86.13-14 non / querrian ja sempre viver / por tamanha cuita sofrer / qual sofr’eu no meu coraçon

tamanho que / tamanho ... que loc. conx. comp.-consec. 'tan grande ... que'
620.4 ei end’eu pesar, / ..., eno meu coraçon, / tamanho que esto non é de falar
84.5-6 mais, perque m’aqueste mal ven, / en tamanha cuita sera / por én migo que morrerá||523.7-8 porque tamanh’é o meu mal / que non vejo prazer de min nen d’al||527.13-14 E, pois tamanho foi o erro meu / que lhi fiz torto tan descomunal, / ..., / julgar-m’-á por én por traedor seu||597.14-15 Morrerá desta, ..., / que toma en sí tamanho pesar / que se non pode de morte guardar||1245.4-5 ca tamanho pesar mi fezestes / que jurei de vos nunca fazer ben
[últ. rev.: 27/04/2017]