c

Glosario

Voces do C
[últ. rev.: 03/06/2022]ImprimirAlternar visualización dos exemplos
cada pron. ident. indefinido 'cada'
O pronome cada case sempre forma un sintagma nominal con substantivo que indica período temporal (dia, ano, noite etc.)
42.12 ante me faz cada dia peor||50.4 Pero me mal fazedes cada dia, / mentr’eu viver, seredes toda via, / senhor fremosa, [de mí poderosa]||57.21 e vos venho cada dia rogar / que me valhades||78.10 ca esta coita non me dá lezer, / ante mi-a faz cada dia crecer||87.14 ca esta nunca dá lezer, / mais faz cada dia peor||138.11 e, por mi-a non leixar escaescer / e mi-a fazer cada dia maior||147.18 e nunca m’én parti / e cada vez mi foi peor||275.16 Destas coitas eu podia falar / come quen as padece cada dia||300.6  cada dia vos quero maior ben||409.20 e por aquesto ben sei que Amor / me faria cada dia peor / se llo disses[s]’, ...||430.9 pois cada dia mi-a faz mui mellor / querer por mal de min||557.9 pois a de que sempre foi servidor / me fez e faz cada dia peior||743.14 Ele quit’é por mí d’outra senhor / e faço-lh’eu cada dia peior||878.4 e cada parte vejo avolver guerra / e fazer mal con mengua de justiça||880.3 ca o vejo cada dia tornar / de ben en mal e de mal en peior||880.5 ca vejo boos cada dia decer / e vejo maos sobr’eles poder||888.55 «Cada dia / ei de falecer»||919.10 ca o vej’eu no coro cada dia / [e] vestir capa e sobrepeliça||927.4 ca desmesura des ali / me faz ca[da] dia peior||1075.7 Preguntan-me cada dia / polo que non ousaria / dizer||1118.3 que cada ano mi á por fruita, / pero que eu canto mal||1227.10 e non poss’eu cada dia, / mais queredes falar migo?||1235a.14 ca lle quer’eu mui gran ben e punn’i máis cada dia||1323.9 Pois ela trage camisa / de sirgo tan ben lavrada / e vai a cada pousada / por algo||1411.5 que entran nosc’en dõas cada dia||1429.6 pode-l’-á fazer / con aquela que faz cada mes filho||1429.12 eu casaria, dig’a De[u]s verdade, / con aquela que cada mes emprenha||1436.7 Mal mi venha cada dia / se eu por Dona Maria / d’amores ei mal!||1448.7 de cada part’espeçada / foi toda pela Meestra||1467.20 mais está-xe en sa perfia / én pojando cada dia||1511.2 Martin jograr, ai Dona Maria, / jeita-se vosco ja cada dia||1549.6 assi and’eu cada dia peor / porque mi non faz amor nen mi-o diz||1597.3 ca me buscades vós mal cada dia||1669.16 e eu por én ja mi assanhando vou / de seu trebelho mao, ... / con que me ven cada noit’espertar
Cun substantivo que indica espazo, cada non precisa da preposición en para introducir complemento circunstancial de lugar
1234.9 – Non dizen, madr’, esso, cada pousada, / os que trobar saben ben entender||1508.17 siquer poedes, cada logar, / vossa maeta e quanto tragedes||1522.5 «Cada casa, favas lavan»

cada un ~ cada ũu 'cada un, calquera persoa (considerada individualmente)'
1332.4 – Vós, Don Josep, venho eu preguntar, / ... / ..., / quanto cada un judeu á de dar||1635.12 per como guardan sas armas de mal / cada un deles, ergo se á sonha
630.15 cada ũu deles no seu coraçon, / se me vissen, nunca, ... / terrian meu amigo por sandeu||1434.24 e avera cada ũu o seu dereito

cada logar loc. adv. lug. 'en cada lugar, en calquera parte'
1508.17 e non vos sabedes dele guardar, / siquer poedes, cada logar, / vossa maeta e quanto tragedes

cada que loc. conx. temp. 'todas as veces que, sempre que'
11.25 Cada que me lh’eu assanhar, / a meu osm’, e lhi mal disser||351.14 Des que vos eu vi, mia sennor, me deu / gran coita De[u]s, cada que vos non vi||491.21 fod’el as mouras cada que lhi praz||614.10 pero lh’estranhei / o que m’el rogou cada que me vio||690.5  cada que migo quiserdes falar, / falade mig’, e pes a quen pesar||771.1 Cada que ven o meu amig’aqui / diz-m’, ai amigas, que perd[e] o sén / por mí||835.13 ca ja, cada que vir / algun ome de fronteira chegar, / non ei medo que mi diga pesar||863.2 Vistes tal cousa, senhor, que mi aven / cada que venho convosco falar?||912.6 poi-la end’eu máis desejo / sempre cada que a vejo||912.21 que eu ja sempr’esta molher / non veja cada que poder||925.17 dev’os vassalos de mort’a partir / e acor[r]ê-lhes cada que os vir / estar en coita||1035.8 se el morrer cada que lh’eu non der / do meu ren senon quando m’eu quiser||1108. cada que cuid’estar de mia senhor / ben, estou mal, e, quando mal, peor||1223.2 – Amigo, mando-vos migo falar / cada que vós end’ouverdes sabor||1232.12 e, pois por aquela dona trobou, / cada [que] quis sempre migo falou||1391. e] se cada que s’a touca torcer, / ... / ... mui ben pareceredes||1405.5 mais dix’eu que mui ben / oides, cada que vos cham’alguen||1431.28 e cantarei cada que me mandardes||1448.3 Ũu cavaleiro avia / ũa tenda mui fremosa, / que cada que nela siia / as[s]az lh’era saborosa||1515.9 cada que te vi / rascar no cep’e tanger non dormi||1517.5 o infançon, cada que quer, / vai-se deitar con sa molher||1518.5 mais, cada que quiserdes cavalgar, / mandade sempr’a best[a] achegar / a un caralho de que cavalguedes||1518.8 E, cada que vós andardes senlheira, / ..., / guardade-a de xi vos derramar||1540.6 sempre por vós esto farei, / cada que m’ouverdes mester||1589.19 cada que per-foder, direi / Pater Noster||1617.30 e que me parec’er tan ben, / cada que a eu vejo||1622.13 E, cada que el ven a Santaren, / sempre alo vai fazer romaria||1669.13 Cada que pôde, mal me trebelhou||1675.15 «Cada que vos deitades, / que esturnudos soedes d’aver?»
cada u loc. conx. temp. 'cada vez que, sempre que; onde quer que'
Esta locución, basicamente temporal, tamén presenta valores locativos, de acordo co duplo valor do adverbio u
618.15 ca diz de min gran mal, per bõa fe, / e de vós, amiga, cada u sé / falando||1015.12 e por én dig’eu a Nostro Senhor / que El[e] me dé, cada u chegar, / capon cevado pera meu jantar||1310.3 que te faz enviar / cada u dórmio sempre m’espertar||1411.7 e jantan e cean a gran perfia / e burlan corte cada u chegamos||1518.20 cada u fordes, todos vos faran / onra d’outra puta fududancua||1654.5 mais furtan-lho cada u vai maer, / e do perdon ja non lhi ficou nada
838.11 el cada u é / aprende novas con que morr’assi||882.21 ca mi-a faz sempr’ant’os meus olhos ir, / cada u vou||978.22 mais acho-vos comigo toda via / cada u vou por me vos asconder||1530.3 Esta ama, cuj’é Joan Coelho, / ..., / cada u for, achará bon conselho