Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do C
caer v. intr.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. 'caer, derrubarse no chan'
551.16 E caeu antr’ũas flores||1382.18 e, demais, se cansar ou se caer / e i alguen chegar po-lo filhar||1424.5 mais en Coimbra caeu||1424.6 caeu en Runa atá eno Arnado, / en todos tres os portos que i ten||1425.6 como vos faz antr’os boos caer / e antr’os maos, que ben vós caedes!||1472.14 ca, se vos Deus en armas ben fezer, / ferindo en vós, an eles de caer||1496.22 e, con bon corvo, foss’el pois caer / eno infern’...||1523.26 mais, pois que vio o clerigo caer / antr’eles ambos
2. 'resultar, avir, corresponder'
1238.16 e este preito cae-m’ora assi||1648.12 ca, des que vo-lh’el cae na razon, / maas tres cobras, ou quatr’, e o son, / de as fazer muit’é el sabedor
3. 'alcanzar, chegar a'
Nesta acepción rexe a preposición en
600.13 Caestes en [a]tal cajon / que sol conselho non vos sei||1376.8 Podera-m’eu ben, se foss’avegoso, / caer en bon prez e onrado seer||1502.3 e caeredes en este mester / se me creverdes, que ést’aguisado

caer ben 'agradar, condicir'
1424.2 Don Estevan fez[o] sa partiçon / con seus irmãos e caeu mui ben / [...]||1425.7 como vos faz antr’os boos caer / e antr’os maos, que ben vós caedes!||1425.9 E, u vos jogan ou u vós jogades, / mui ben caedes en qual destas quer||1425.11 en falardes con toda molher / ben caedes||1425.12 e ant’el-rei muito caedes ben||1635.23 Mais quen este meu cantar oir / caer-me-á ben
caer en pesar 'pesar, provocar pesar, desagradar'
28.27 por El, que vos fez, vos rog’eu / (...) / que por vos eu muit’amar non / vos caia, senhor, en pesar, / ca non me poderei guardar||214.21 vos rog’oj’eu por El que, pois El quer / que vos eu ame máis d’outra molher, / que vos non caia, senhor, en pesar
caer en prazer 'agradar, resultar grato'
56.15 E, senhor, se vos caess’en prazer, / de pran, non vos deviades queixar / a min porque non sei sen vós viver||66.2-3 Senhor fremosa, par Deus, gran razon / seria ja agora, se en prazer / vos caesse, de quererdes prender / doo de min
caer mal 'desagradar, non condicir'
1570.16 – Joan Airas, non tenh’eu por razon / d’as molheres todas caeren mal / por end’...

◆ IPr.: P3 cae, P5 caedes||IPt.: P3 caeu, P5 caestes||IFt.: P3 caerá, P5 caeredes||SPr.: P3 caia||SPt.: P3 caesse||Inf.: P6 caeren
[últ. rev.: 23/05/2017]