Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do C
catar1 v.
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
1. v. tr., intr. e pr. 'ollar, mirar, contemplar'
8.23 quand’eu mia senhor catava, / en tal coita me metia||17.6 de quen non sabe matar nen prender, / nen deostar nen bravo responder, / nen catar [...]||105.13 Senhor, ben me fazen soo de me catar, / pero ven-m’én coita grand’; ...||109.26 logo me disseron, porque vos catava, que moiro, senhor||126.8 ca os meus olhos van catar / esse vosso bon parecer||134.22 Mais quen vos ousa, mia senhor, catar||204.7 mais vi-a tan fremoso parecer / que lhi non pudi nulha ren dizer / catando quan fremoso parecia||211.9 quando os seus olhos catei||257.9 poi-los meus foron os vossos catar||281.8 catou-me un pouc’e teve-mi en desden||291.7 tant’á prazer de a catar!||292.15 e catava-m’el os panos, que eu tragia con doo||310.14 prougo-lhe muit’e non m’er quis catar||310.19 tan ben me catou!||313.16 pero m’ela non fez ben nen fara, / catand’ala direi-vos que fiz i||368.6 e, mentr’ela catar / alhur, catarei ela log’enton||368.7 e, mentr’ela catar / alhur, catarei ela log’enton||368.13 e, mentr’ela catar / alhur, catarei ela log’enton||368.20 e, mentr’ela catar / alhur, catarei [ela log’enton]||369.5 ca nunca outra dona vi / tan mansa nen tan aposto catar||379.14 tant’averan de a catar sabor!||390.13 catando se a veerei, / assi and’eu, assi and’eu||390.21 catando per cada logar, / assi and’eu, assi and’eu||396.7 e cata-la ben quanto m’eu quisesse||396.11 vee-las casas u vi mia senhor / e catar ala quant’eu cataria!||396.11 vee-las casas u vi mia senhor / e catar ala quant’eu cataria!||456.10 ao colo o atou / en tal que o non aolhass’e / que non visse e o catasse||461.11 que vós, entra[n]te a Sevilha, vos catedes no espelho||519.16 E, senhor, quen algũa vez / con quaes olhos vos catei / vos catasse||519.17 E, senhor, quen algũa vez / con quaes olhos vos catei / vos catasse||589.3 e com’ousará catar estes meus / olhos se o Deus trouxer per aqui||627.5 catarei ja das donas a melhor / por que, pois mi á de matar, m’at’Amor||715.10 se rostro outr’olho cata / ergo o meu, [querria / morrer oj’este dia]||716.3 ca non ei eu no mund’outro sabor / senon catar ali per u á viir / meu amigo||723.7 Quand’eu catei das torres [a] derredor||729.15 E, quand’el vir os olhos meus / e vir o meu bon semelhar / e o eu non quiser catar||778.3 asseentando-m’, u tras min catei / vi-o seer en ũu logar peior||811.2 Senhor, sempr’os olhos meus / an sabor de vos catar||811.5 e catarán / vós, que a desejar an / sempr’enquanto vivo for||855.13 quando catar / vou esses olhos que por meu mal vi||871.6 mal dia foron meus olhos catar / a fremosura por que me matades!||915.21 pois vos eu falar / non ous’ir, senhor, nen catar||916.5 e catarán muito contra u jaz / a terra desta dona que os faz / sempre chorar||976.20 e os seus olhos catei||1026.13 E sempre catan estes olhos meus / per u eu cuido que á de viir / o mandadeir’, ...||1032.24 ca de longi mi vos faran catar||1092.18 e grave dia por mí a catei / dos meus olhos quando a foi catar||1106.16 e fui ant’ela e siv’e cuidei / e catei-a||1222.5 u chorava, começou-m’a catar, / viu-me chorar e filhou-s’a chorar||1412.23 Non fui eu ben acordado, / poi-lo da porta catei / dentro||1460.3 pero catastes / ant’as casas||1460.6 par Deus, vós vos enganastes, / que as non catastes ben||1460.15 Se vós, come ome dereito, / as paredes e o teito / catassedes||1494.20 non cataredes ome nen molher / que non querades trager come can||1552.4 escontra duas meninhas que trage, / contra que non cata ben nen fremoso||1576.9 Nunca veemos donas nen [as] catamos||1594.9 E sabe seus livros sigo trager, / come meestr’, e sabe-os catar||1609.18 E, poi-la velha puta probe for, / non a querra pois nulh’ome catar||1639.10 demais, diss’ũu, que vos catou, / que non s’ouver’a levantar / quen vos viu e vos desejou!||1661.14 nunca molher amou nen quis nen quer, / pero cata falagueir’e loução
2. v. tr. 'buscar, procurar, pesquisar'
486.16 e catei u jazia / enno padron||588.14 E, quand’el ven u vós sodes, razon / quer el catar que s’encobra||777.9 e por én catou quen rogasse / e recado sei que vos traz ora / de ro[g’, amiga]||1247.3 e non catades tempo nen sazon / a que venhades comigo falar||1247.15 punha de s’encobrir / e cata temp’e sazon pera ir / u ela ést’, ...||1329.16 sabede agora catar tal razon / per que venha este feit’or’a perdon||1331.1 Pois cata per u m’espeite / con sas razões d’engano / e me quer meter a dano||1435.4 cata capelo / que ponhas sobr’elo||1478.5 e conselho-vos que catedes al / que cobrades||1492.27 e, pois s’assanha, non cata per u / feira con el, sol que lh’ome desvia||1622.9 outro caminho cate toda via, / ca o da Triidade non lh’é mester||1667.8 oimais, maos costumes, outro senhor catade
3. v. tr. e intr. 'considerar, ter en conta, ponderar'
Nesta acepción rexe nalgúns casos a preposición a
72.20 porque me leixades assi / morrer, e non catades i / mesura nen Deus nen al ren||80.3 non catedes o desamor / que m’avedes||266.20 catade, senhor, non vos esté mal||360.6 non catan Deus nen ar catan mesura / nen catan min, a quen pesa muit’én||360.6 non catan Deus nen ar catan mesura / nen catan min, a quen pesa muit’én||360.7 non catan Deus nen ar catan mesura / nen catan min, a quen pesa muit’én||360.8 nen ar catan como perden seu sén / os que m’assi cuidan a enganar||426.5 e non / soub’eu catar qual pesar vos dizia||481.17 e sol non cata como Gris non ten / nunca cousa de que s’e[le] cobrir||567.15 e catade / qual vida vivo coitada||688.13 Pois non catades mesura / nen quanto vos eu fiz de ben, / rog’a Deus||793.7 Vós catade per qual guisa sera, / ca non ei eu ja máis vosc’a viver||897.12 quand’est’eu cat’e vej’end’o melhor||897.19 quand’est’eu cat’e quanto mal s’i faz||987.25 este conquis ben a Andaluzia / e non catou i custa nen pavor||1038.21 E ben sei del que non cataria / o que m’end’a mí depois verria||1247.19 Vós non catades a ben nen a mal / nen do que nos pois daquest’averra||1248.6 e, se vos prouguer én, / vós catad’i o que devo fazer||1344.24 mais o de que m’eu [perc]ato, / d’el-rei querer-mi, non cata||1397.3 e non cata parente nen vezinho / con sabor de tee-la terra en paz||1431.16 non vo-lo catarán por cortesia / nen por entrardes na tafularia||1431.21 nunca Nostro Senhor tan cortês fez / como vós sodes, se o ben catardes||1435.35 ca toda molher / o tempo cata||1523.15 E, pois que ben seus pecados catou, / de sa mort’ouv[e] ela gran pavor||1546.20 catade que mi foi fazer, / confiand’eu no seu amor!||1552.12 [e] el, come ome desmesurado / contra elas, ..., / non cata ren do que catar devia||1552.12 non cata ren do que catar devia||1552.15 E, pois el sa fazenda tan mal cata / contra elas||1584.21 o beesteiro, com’era mininho, / non catou quando s’achou nos colhões!||1607.10 nen soube catar / quan muit’a dona per esto perdeu||1615.9 Pois sodes amiga minha, / non quer’a custa catar
731.18 Pois vos eu faço tan grand’amor / que non quero ao meu catar||956.20 se eu mia senhor amo polo meu / ben e non cato a nulha ren do seu, / non am’eu mia senhor, mais amo mí||1247.1 Amigo, vós non queredes catar / a nulha ren se ao vosso non
4. v. tr. e intr. 'examinar, observar, estudar'
1416.7 ca nunca tan mal doent’ome achou / nen tan perdudo, ..., / ..., que non fosse catar||1416.19 poi-lo el catou, / ben [o] guarra do mal||1487.3 e o agũiro sol el ben catar, / ca muitas vezes-l’ouv’afaçanhado||1526.5 ca, pois el-rei o dereito catar, / sei [eu] que vós non podedes errar / que a muit’alto logar non pojedes||1530.19 e cata ben argueiro / e escanta ben per olh’e per calheiro||1630.15 achar-lh’-edes tres sinaes se lhos ben fordes catando||1675.11 Por én vos mand’eu catar / que vejades nos agũiros que ei / como poss’ir||1675.22 «Pois agũiro catades, / das aves vos ar conven a saber / vós que tan longa carreira filhades»
5. v. tr. 'catar, probar, experimentar'
1588.14 nunca i omen nen ũu na casa ja[z] / que o am’e non cate ũa vegada
6. v. pr. 'preocuparse, facer caso de'
Nesta acepción rexe a preposición de
796.9 – Ai madre, de vós se catava, / que me [soedes por el mal trager]||1610.15 u se non catavan nada / d’ũu ome atan rafez||1634.15 ca, d’ome de capelo, de todo mal se cata
7. v. intr. 'interesarse por algo ou alguén'
Nesta acepción rexe a preposición por
293.10 de non fazerdes senon o milhor / e de non catardes por outra ren||390.5 e catando po-la veer / assi and’eu, assi and’eu||413.9 e porque sõo vosso e porque non / cato por al||446.7 ca non catei por al des que a vi / senon por ela||875.6 e foi-se e sol non quis catar por mí||875.14 nen ar quis nunca pois por mí catar||944.13 Servi-a sempr’e non catei por al / des que a vi||1012.13 Catei por vós quand’a partir / m’ouve d’aqui||1376.14 E, pois eu entendo que ren non valho / nen ei por outra bondad[e] a catar||1494.4 que ja por ome que vos faça amor / sol non catades (tal preço vos dan)||1494.10 pois non avedes por om’a catar, / mal serviço faz om’en vós, de pran||1494.16 pois sodes tan / sanhudo que non catades por quen / vos faz serviço

catar dos (pos.) olhos 'ollar, ver, mirar'
46.12-13 ca me non quisestes catar / dos olhos||104.19 E[n] mui gran coita per-serei / u lh’eu ma fazenda disser / e m’ela dos olhos catar||432.4 quando [me fez] querer ben tal senhor / que me non quer sol dos olhos catar||926.7 ca por vós perco Deus e sis’e sén / cando vos vejo dos olhos catar
589.8 Amiga, ou como s’atreverá / de m’ousar sol dos seus olhos catar||1092.17-18 e grave dia por mí a catei / dos meus olhos quando a foi catar
Nas construcións de catar dos olhos con posesivo, o substantivo pode estar sobreentendido
729.16 E, quand’el vir os olhos meus / e vir o meu bon semelhar / e o eu non quiser catar / nen m’ousar el catar dos seus
catar en desden 'ollar con desprezo'
875.12 e, pois lh’eu dixe a coita e o pesar / que por ela sofro, e o mui gran mal, / foi sanhuda e catou-me en desden

◆ IPr.: P1 cato, P3 cata, P4 catamos, P5 catades, P6 catan||ICp.: P1 catava, P3 catava, P6 catavan||IPt.: P1 catei, P3 catou, P5 catastes||IFt.: P1 catarei, P5 cataredes, P6 catarán||IPp.: P1 cataria, P3 cataria||SPr.: P3 cate, P5 catedes||SPt.: P1 catasse, P3 catasse, P5 catassedes||SFt.: P3 catar, P5 catardes||Imp.: P5 catade||Inf.: P5 catardes||Xer.: catando
[últ. rev.: 08/05/2018]