I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 312-313); Marroni (1968: 273-275 [= LPGP 749-750]); Cohen (2003: 451); Littera (2016: II, 250-251).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 282); Braga (1878: 155); Machado & Machado (1956: V, 326-327).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 59-60).
1 gran] g̃ra B 3 dix’eu] dizer B : dizeu V 6 morrer] moirer B 7 Porque] Porcħ B 8 morrer] moirer B : morren V 9 e achei-o] (h)e acheyo V 10 gran] grã B 12 Ouvi] ō ui B 13 oistes] o\y./(yi)stes V 20 vivo] uyno B 21 por] pre V 23 mí gaanhar] min gnaanhar V 24 poderon] podēro V; mí] min V; ren] tē B 25 coraçon] coracō B 26 quer ben] q̅r bē / (q̅r bē) V; se non] senõ V 27 morrer] moirer B
3 dix’eu] diss’eu Nunes 5 desmaio[u]] desmaió Cohen 6 min] mi Nunes 12 Ouví] oi Cohen, Littera 14 vos] vus Marroni 15 tant[o] om’] tant’om[e] Nunes, Marroni 16 vos] vus Marroni 19 vos] vus Marroni 21 per] por Nunes, Cohen, Littera 22 veeron outros] vẽheron outrus Marroni 23 mí] min Nunes, Cohen; gaanhar] guaanhar Cohen, Littera 24 mí] min Nunes 25 que tan de coraçon] que [mi] tan de coraçon Nunes, Cohen, Littera : que [a]tan de coraçon Marroni
(I) Sei eu, donas, que ningún home ama tanto a outra muller como a min me ama o meu amigo, pois, porque eu lle dixen «non me veredes máis desde hoxe», esmoreceu logo alí mesmo por iso e houbo de morrer alí por min.
(II) Porque lle dixen que nunca me podería ver, quixo morrer por iso, e fun alá e acheino xacendo xa sen fala, e sentín por iso gran pesar e faleille, e hóubome coñecer e dixo: «Ouvín unha dona falar?».
(III) Dixen eu «Ouvistes», xa para salvalo, e recobrouse; mais a que vos dixer que un home ama tanto outra muller mentiravos, porque el xa o provou con cantas viu e pareceulle que todas se afastaban do amor, e por iso as deixou.
(IV) E ben vos podo eu sen perigo xurar que ningún outro home vivo sabe amar como é debido, pois, para me pór a proba viñeron outros pretenderme a ver se podían tirar proveito de min, mais non puideron de min ren obter.
(1) Mais aquel que tan de corazón ama, por Deus, estaría mal se o non salvase, xa que por min quixo morrer.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10c 10a 10c (I, III [= Tav 183:8]) + 10a 10a 10a 10b 10a 10b (II, IV [= Tav 13:23])
Encontros vocálicos: 11 -mi‿a; 25 ma·is
A frecuencia do erro <z>/<x> (e aínda máis <x>/<z>), así como o feito de que a forma xeral da P1 de pretérito de indicativo de dizer sexa dixe (vs. disse, P3) fai máis verosímil a interpretación dix’eu, xa estabelecida en Marroni.
Inevitabelmente a lección <desmayo> é erro por <desmayou>, pois non é posíbel unha desinencia -ó na P3 de pretérito da primeira conxugación, para alén das secuencias trivocálicas -ou-o/a que poden ser reducidas foneticamente (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §23b). Neste sentido, a forma desmaió de Cohen é errada.
A construción verbal de achar + infinitivo (tamén no v. 19: achou-as partir) equivale a ‘achar + xerundio’, e así aparece noutras cantigas profanas (592.13, 744.7, 1492.1, 1529.8, 1588.20); porén, é construción de escaso uso na lingua medieval. Véxase unha ocorrencia no Livro de José de Arimateia: e iam em oste a terra de Sorea sobr’el rei Samuel, que naquele ano matara um irmão d’el rei de Perçia por que o achara jazer com sua molheer (Miranda 2016: 177).
O período admite unha dupla articulación canto á presenza da interrogación. Con Cohen, optamos por introducila no v. 11, de modo que Oistes no v. 12 é resposta (coa reiteración verbal afirmativa) á pregunta anterior. Certamente, noutras edicións (Nunes, Marroni) optouse pola distribución contraria. Eis a presentación do editor portugués:
e diss’ «ouvi ũa dona falar».
Dix’eu «Oistes?» já polo guarir
e guareceu, ...
Por outra banda, a lección <ōui> de B debe ser lida como ouvi, a partir do erro <ō>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <guisō> guisou (501.3), <uō> vou (564.7), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17)
Así, en face da forma maioritaria oir, como evolución xeral de audīre na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 1999: §211a), a variante ouvir é de uso limitado no corpus (véxase 384.17, 633.24, 764.15, 804.15, 968.4, 1055.9, 1233.12, 1322.13, 1346.22, 1361.3, 1522.4), tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son formas únicas. Cfr. nota a 618.10. En calquera caso, non existe xustificación ecdótica para a emenda de Cohen e Littera en prol da forma oir por máis que convivan ouví (v. 12) e oistes (v. 13).
A reintegración vocálica ten máis sentido realizala na contigüidade vocálica (tant[o] om’) máis do que en om[e] (Nunes, Marroni), pois a vogal final -e contrae con maior facilidade coa voz seguinte iniciada por vogal.
Neste verso, a puntuación de Littera xera un texto gramaticalmente anómalo con respecto ao clítico as:
... ca já x’o el provou
com quantas viu e achou: as partir
todas d’amor, e assi as leixou.
Nótese a diverxencia entre B e V no que di respecto a gaanhar vs. guaanhar, ambas as dúas formas existentes no corpus.
A partir da contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso, todas inducidas polo aparente problema de hipometría ([mi] en Nunes, Cohen e Littera; [a]tan en Marroni).