I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 414-415 [= LPGP 632]); Fernández Graña (1994: 91); Cohen (2003: 479); Littera (2016: II, 110).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 292); Braga (1878: 160); Machado & Machado (1956: V, 358); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 72); Celeiro Álvarez (2021: 106).
2 no] non V 3 ven] nē V 7 maravilhada] m̃uilhada B 9 bõa] boa B 10 viv’oje eu] uyuieu B
9 sab’én] sabe Nunes, Cohen, Littera
(I) Amigas, estou pensando no meu amigo porque non vén, e desexo con paixón e choran estes ollos porque non me pode cousa ningunha salvar da morte se el non vén axiña.
(II) E estou marabillada porque tarda tanto, se está vivo e sabe isto, abofé, pois vivo hoxe eu tan triste que non me pode cousa ningunha salvar da morte se el non vén axiña.
Esquema métrico: 2 x 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (= Tav 160:424)
A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).
A P3 de presente de indicativo de sair presenta a forma sal, evolución directa de salĭt (cfr. sŏlet > sol, dŏlet > dol etc.), regularizada modernamente na lingua.
O refrán presenta variación funcional de que, causal na estrofa I e consecutivo na estrofa II. Cfr. nota a 27.4.