I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 424-425 [= LPGP 342]); Cohen (2003: 492); Littera (2016: I, 385-386).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 295-296); Braga (1878: 162); Machado & Machado (1956: V, 371-372).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 71-72); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 69).
2 voss’amigo, que morre] nossamigo q̅ moire B 3 morrer] moirer B; gran] grã B 5 avera] aura V 6 ca] ea V 9 morrer] moirer B 10 perdedes] perdes V 11 ventura] ueueta B 12 Deus] des V; avera] aũya V 13 diss’eu] disseron B : disƥon V 15 desmesurada] desmesurata V 16 pran] prã B 17 terran] teirā B 19 o] uꝯ B; Deus] des V 20 diss’eu] disseron B : disƥon V 22 Deus] des V 23 ou quer] pouq̄r BV; morrer] moirer B 24 morrer] moirer B 25 (Ant e mi praz muytē) / Dassy moirer / Ante mi praz muyt ē B
5 Non o avera enquant’eu viver] Non o averá †en quant’ eu viver† Cohen 9 d’o] de Nunes : do Cohen, Littera 23 coita, ou quer] coit’e quer Nunes : coita, e quer Cohen, Littera
(I) –Por Deus, amiga, que pode ser do voso amigo, que morre de amor e ten gran gusto en morrer pois que non pode ter o voso ben?
–Non o terá mentres eu viva, que xa lle dixen que se esquecese diso, e, se ten coita, que a sufra ben.
(II) –Paréceme, amiga, que non vos é beneficioso que morra así o voso amigo, antes coido que o perdedes aí se por ventura non ten o voso ben.
–Por Deus, amiga, non o terá, que xa lle dixen que se esquecese diso, e, se ten coita, que a sufra ben.
(III) –Sodes muller sen mesura se o voso amor non pode ter, abofé, e ben sei que volo terán a mal, amiga, se non ten o voso ben.
–Nunca o terá, se Deus quere, que xa lle dixen que se esquecese diso, e, se ten coita, que a sufra ben.
(1) –Por Deus, amiga, ben disposto está a sufrir coita, ou (senón) morrer por iso.
(2)– Se morre, que morra, que non dou eu nada por (el) morrer así, antes me prace moito iso.
(3) –Por iso, amiga, véñalle mal a quen vos ame, pois así son as cousas convosco.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= Tav 139:3) + 3 x 10c 10c
Encontros vocálicos: 23 coita‿ou
Nótese a rara variante disse para a P1 do pretérito de indicativo de dizer, en face da forma común dixe ~ dixi.
Para alén do errado de de Nunes (coa supresión do artigo), non parece axeitada a forma gráfica do que Cohen e Littera fornecen para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o suxeito (o voss’amigo) debido ao hipérbato («Tenh’eu, amiga, que prol non vos á / de ja morrer assi o voss’amigo»), que aconsella unha grafía d’o.
Nesta ocorrencia do refrán, así como no v. 20, percíbese o obvio erro de BV coa forma disseron a substituír a lección correcta diss’eu, xa estabelecida na primeira estrofa.
En face da consideración dun erro *<pou>/<e>, xulgamos que do punto de vista paleográfico é moito máis factíbel o erro <pou>/<ou>, que tamén condí co sentido da pasaxe: ‘Por Deus, amiga, moi apropiado considera sofrer coita, ou (senón) quere morrer por ela’.