Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega ILLA
Universidade da Coruña
Glosario
da poesía medieval profana
galego-portuguesa
Voces do M
mente s. f. 'mente, pensamento, vontade'
ImprimirAlternar visualización dos exemplos
461.12 e non dedes nemigalha por me[n]te de Joan Coelho||1635.16 non pararian os do [E]spital / de melhor mente a lide nen besonha

aver en mente 'pensar, coidar, considerar'
Rexe a preposición de
656.8 do meu amor e do voss[o] en ment’avian||656.13 Do meu amor e do voss[o] en ment’avian
meter mentes 'reparar en, prestar atención'
33.10 e vós non queredes mentes meter / com’eu estou mui preto de morrer||60.18 E, se quiserdes, mia senhor, / algũa vez mentes meter / en qual vos Deus quis[o] fazer||123.18 ca non quer / en meu preito mentes meter||160.10 sol non lhe pesa nen lhe praz / nen quer en min mentes meter||266.24 metede mentes no que vos direi||392.7 Non metedes mentes en qual perdiçon / fezeron no mund’, ...||545.17 E, pois mentes non metedes / no meu mal||641.14 Fiei-m’eu tant’en qual ben m’el queria / que non meti mentes no que fazia||641.17 Que non meti mentes no que fazia, / e fiz pesar a quen mi-o non faria||1478.4 e aqui dura muit’o tempo mao, / e vós e[n] esto mentes non metedes||1535.4 son d’outra terra, / ca ja eu [en eles] mentes meti||1653.22 E vós mentes non metedes / se ela filho fezer, / andando, como veedes, / con algũu peon qualquer?||1657.4 non o baralha el mui ben / nen ar quer i mentes meter
parar mentes 'prestar atención, reparar en, observar'
486.4 mais, des que oi ben sas razões / [e] ena conta foi mentes parando, / logo tenho i que non dissera ren / e era ja quite de todo ben||880.2 Amigos, cuid’eu que Nostro Senhor / non quer no mundo ja mentes parar
viir en mente 'pensar en, lembrarse de'
512.7 vedes que[n] é, [e] venha-vos en mente: / eu, mia dona||832.14 venha-vos en mente o que vos rogo

de bõa mente loc. adv. mod. 'boamente, de boa vontade'
1674.5 e ajudei-vos eu, como sabedes, / escontra ela mui de bõa mente
[últ. rev.: 23/05/2017]